Yago López, do Seixalbo ourensán, primeiro adestrador con lesión medular

Yago é todo un exemplo de superación, pois exerce como adestrador no Seixalbo a pesar dunha lesión medular que non lle impediu cumprir o seu soño.

0
Foto: RFGF

O presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, desprazouse a Ourense donde, acompañado polo vicepresidente José Manuel Fernández e o delegado Raúl Rois, para participar nun emotivo acto no que o club Seixalbo e todo o fútbol galego quixeron rendirlle un gran recoñecemento a Yago López, unha persoa a quen a vida lle trouxo unha desgraciada lesión medular que, sen embargo, non foi suficiente para que se rendese. Yago é un enamorado do fútbol e armado de valor e de coraxe foi quen de poñerlle fronte ás dificultades e superar barreiras que para outros serían infranqueables.

Yago quixo dar as grazas hoxe a todos os que lle axudaron a cumprir o seu desexo de ser adestrador. Na Federación tivérono claro desde o principio. Yago quería ser adestrador e a súa lesión non tiña que impedirllo. A Escola de Adestradores que dirixe Iván Cancela deulle a oportunidad de facer o curso e Yago pode adestrar no seu club, o Seixalbo.

Louzán felicitou a Yago polo seu esforzo persoal e ao seu club pola súa aposta social. O presidente da RFGF remarcou que o fútbol é para todos, sen importar a idade, o xénero ou as discapacidades físicas ou psíquicas que se poidan ter. Por iso a Federación traballa pola inclusión social no noso deporte e por iso resulta especialmente gratificante coñecer realidades como as de Yago.

Parabéns Yago, parabéns Seixalbo!

DP RFGF