XXVII SUBIDA COSTIÑA DE CANEDO

0
Asistentes a presentación: Laura López Blanco e José Antonio Alvarez de Clube Ourense Atletismo, Antonio Piñeiro de Clube Ciclista Maese Riders Team e Saturnino González, fundador da proba.

Trátase dunha competición popular que segue mantendo o mesmo ideal co que foi creada por Saturnino González fai xa 27 anos. E o primeiro evento deportivo do ano en Ourense.

Data da celebración: 1 de xaneiro de 2020 ás 12:00 horas para tódalas categorías.
Saída: Plaza de Eirasvedras, Quintela de Canedo.

Chegada: Lugar da Igrexa, Castro de Beiro

Organiza: Clube Ciclista Maese Riders Team, Clube Ourense Atletismo e Saturnino González Nóvoa.

Colabora: Consello Municipal de Deportes de Ourense e Deputación Provincial de Ourense.

Percorrido: A distancia é orientativa e non homologada. A proba ten unha distancia aprox. de 4.200 m., cun desnivel máx. do 20% (a Costiña) e os-as atletas poderán participar nas seguintes modalidades:

  •   Carreira a pé
  •   Carreira con cans
  •   Carreira con bicicleta.
  •   O percorrido da proba transcorrerá polas seguintes rúas: saída Praza de Eirasvedras.

    Quintela , rúa Canedo, Santoufe, rúa Pazo Eiroás, rua Costiña de Canedo, carreteira Castro

    a Palmés ou- 0521.

  •   A meta estará situada no “Lugar a Igrexa” entre a capela e o cemiterio Castro de Beiro.
  •   Haberá un abastecementro, sólido e líquido, na meta.

    Inscripcións: Ata o 29 de decembro. Precio: 5€ Por internet: https://sportmaniacs.com/es

    De xeito presencial:

  •   Redonet Deportes, Rúa Ervedelo no 21. Ourense
  •   Garpe Sport, Avda Buenos Aires 86-88. Ourense

    Retirada de dorsais

  •   O día 30 na Cafetería Pavillón dos Remedios, Ourense en horario de 10:00 h. ás 18:00 h.
  •   O mesmo día da proba na mesa habilitada na Praza de Eirasvedras, de 9:00 a 11.30 h. Premios:

    Absolutos : 1º, 2º e 3º premios (home e muller) e tamén de cada categoría.
    Haberá una categoría especial para atletas con discapacidade.
    Participantes: de tódalas idades (menores con autorización). Aproximadamente: 250.