Xornadas tecnificacion de piragüismo no complexo turístico-deportivo O Corgo de Muiños

0

 

Ourense 24 de marzo de 2021. A Federación Galega De Piragüismo (Fgp) vai organizar unhas xornadas de tecnificación no formato de concentración os días 27 e 28 de marzo de 2021 para as “novas promesas” ourensáns, que se enmarca dentro do programa específico de tecnificación e seguimento destes deportistas que ven desenrolando por toda Galicia a FGP nesta tempada, a fin de supervisar e contribuír a unha boa evolución competitiva dos padexeiros destas idades.

Estas xornadas van ter lugar no embalse das Conchas no complexo turistico-deportivo O Corgo de Muiños, e levaranse a cabo co patrocinio da Deputación de Ourense e a colaboración do Concello de Muiños, sen cuxa axuda e colaboración, destas dúas entidades, non se podería levar a cabo estas xornadas de tecnificación.

Na mesma participaran 40 nenos e nenas ourensáns de todos os clubs da provincia, de idades comprendidas entre os 12 e 16 anos, no grupo que a FGP denomina “Novas Promesas”, que estarán acompañados por 3 adestradores da FGP e 7 monitores dos clubs da provincia.

Destacar que foi a FGP quen solicitou expresamente esta ubicación no Concello de Muiños, xa que nesa lamina de auga se vai celebrar o campionato galego de inverno de novas promesas o sábado 3 de abril, polo que se aproveitará esta concentración para que os deportistas ourensáns preparen tamén a competición no mesmo campo de regatas onde se vai levar a cabo o campionato.

Dende a FGP queremos agradecer publicamente a Deputación de Ourense e o Concello de Muiños, esta oportunidade que nos brinda para conseguir a mellora do nivel competitivo dos piragüistas ourensáns, nunha clara aposta por parte destas dúas administracións públicas polo deporte de base con proxección futura.

Estas xornadas de tecnificación van celebrarse baixo o protocolo federativo que se aplica en todas as competicións de piragüismo en Galicia, onde se extreman as medidas hixienico-sanitarias e se evitan en todo momento contacto entre deportistas de distintos clubs que contara ca supervisión persoal do presidente da federación Fredi Bea, sendo dirixidas polo director técnico da FGP Daniel Costa, que xunto co seu equipo de  adestradores deseñaron tres quendas de adestramento cas que pretenden

  • Elevar o nivel competitivo dos deportistas e clubs ourensáns nas categorías de “novas promesas”.
  • Preparación específica do campionato galego de novas promesas 2021.