Xogadores do Básquet Coruña, na tenda R da rúa Compostela na Coruña

0

 

A Coruña, 17 de abril de 2019.- O vindeiro luns 22 de abril, ás 17:30 horas, o primeiro adestrador e varios xogadores do Leyma Básquet Coruña estarán na tenda R de rúa Compostela 8 da Coruña asinando autógrafos ás persoas que se acheguen ata o establecemento do operador galego.

Quen queira coñecer algúns dos compoñentes do conxunto herculino de baloncesto poderán, así mesmo, facerse fotos coas estrelas do equipo e ata conversar con elas para saber, por exemplo, como están a vivir esta tempada deportiva ou calquera outra curiosidade que lles interese.A maiores do recordo especial que levarán dese día haberá tamén unha sorpresa para os primeiros en chegar.

Na tenda R estarán Zach Monaghan, Quinton Stephens, Michael Uchendu, Sergi Pino, Carlos Martínez e o primeiro adestrador do Básquet Coruña, Gustavo Aranzana.

 

R, co baloncesto galego

O operador galego segue a apostar polo deporte do país e, desta volta, polo baloncesto. En xaneiro os xogadores do Obradoiro Kendall Stephens e Nacho Llovet estiveron asinando na tenda R de Santiago de Compostela; en marzo tocoulle a quenda aos membros do

Breogán, en Lugo, onde firmaron Aleksandar Cvetkovic, Ricardo Uriz, Henk Norel e Tadija Dragicevic.

E a finais de abril farán o propio compoñentes do Club Ourense de Baloncesto (COB) nunha tenda R da cidade das Burgas.