Como na tempada pasada os seareiros da Unión Deportiva Ourense teredes a ocasión de elexir ao xogador máis destacado de cada mes. Para levar a cabo esta iniciativa contamos coa colaboración da web Galicia Deportiva. Podes votar premendo no enlace vermello da dereita.

Foi tarea difícil escoller os catro xogadores que optan ao premio este mes de setembro. O mal comezo de tempada non deixou moitas opción, decantándonos finalmente por este catro xogadores:

Jorge: O xoven dianteiro saiu dende o banco nos catro partidos disputados, sendo un revulsivo cando os partidos estaban costa arriba. Na única vitoria conquerida en setembro ante o Palmés foi un dos máis destacados anotando un hattrick.

Julio Salgado: Autor tamén de tres goles, dous ante o Palmés e un ante o Santa Teresita, foi o referente no ataque pelexando sempre contra as defensas rivais sen escatimar ningún esforzo. Titular en todos os partidos.

Tito Currás: A pesar dos goles encaixados o central foi dos maís destacados xogando a un bo nivel que non se viu acompañado cos resultados. Titular nos catro partidos xogou todos os minutos. 

Xurxo: Igual que Tito Currás, intentou manter a flote ao equipo evitando males maiores mantendo unha aceptable liña de xogo. Expulsado nos últimos minutos do partido de Loñoá, a súa baixa notouse moito ante o Santa Teresita.

 

Vota aquí polo mello xogador do mes setembro