Ata alí acudiron os preto de 450 atletas que estarían tomando parte en dobre xornada na cita atlética e onde o máis salientable foi o récord galego establecido por Xela Martínez da Escola Atlética Lucense quen na proba dos 1.000 m. deixaría o crono nuns sensacionais 2:53.60 que a colocan de forma destacada como líder do ranking nacional. Toda unha colosal tempada a que está a desenvolver sen dúbida, esta talentosa atleta lucense

A maiores na categoría Sub16 foron destacados os dous metáis acadados por Daniel Cariñeña do Coruña Comarca quen foi bronce nos 60 m. e prata no peso, probas gañadas respectivamente por Lucas Rodríguez do Celta con 7.48 e Fernando Vallines do Maderas Barcia Lourenzá con 13.58 respectivamente.

Daniel Loureiro da A. A Silva gañaría o concurso de lonxitude con 6.04 m. tendo que ceder o triunfo nos 60 valos ante Pablo Cudeiro do Ourense Atletismo quen gañaría con 9.08.

Pablo Cudeiro do Ourense Atletismo vencedor nos 60 m valos con 9.08.

Xoel Martínez do A. Mazí lograba o título de campión galego no triplo con 12.70 e a prata no concurso de altura con 1.64 cuxo gañador galego foi Marcos Flecha do ADAS Proinor con 1.67.

Martín Vázquez do Lucus facíase co bronce dos 60 valos, acompañando no podio desde o terceiro lugar ó gañador de pértega Oscar Monteagudo da Gimnástica quen chegaría ata con 3.50 m.

Na categoría femina Enma Sihuang do Franciscanos daba mostras da súa calidade facéndose cos títulos galegos nas probas dos 60 valos con 9.34 e co concurso de altura con 1.55.

Antía Pernas do Lucus pola súa banda, proclamábase campioa galega nos 60 metros con 7.96 sendo segunda na lonxitude que sería gañada por Nayr Cortegoso do Val Miñor con 4.94. A céltica Carlota Salgado subía ó máis alto do pódium nos 300 m. con 42.25, logrando o bronce na lonxitude

Por último Lisa Vosverg do AVA non daba opcións nos corcurso de peso nin de pértega nos cales domiñaría con solvencia con 10.53 m e 2.90 m. respectivamente.