As Irmandiñas Roller Derby organizan este mes de xaneiro a captacion de xente para xogar, arbitrar ou ser voluntario neste deporte. Esta aberto a calquera persoa de mais de 15 anos da Coruña.

O roller derby e un deporte de contacto, sobre patins tradicionais e que xurdiu nos Estados Unidos. Actualmente hai en Galicia cinco equipos federados e cada tempada xogase a liga autonomica de roller derby.

Para esta tempada organizamos diferentes eventos e actividades para promocionar e informar este deporte.

// XOGA // ARBITRA // AXUDA

Queres facer algo diferente? Formar parte dun equipo? Estás de sorte! Pois este mes abrimos as portas para que veñas e coñezas o roller derby

// Non importa que non saibas patinar ou como é o deporte, ti so ven que nós ensinámoste sen compromiso.

A quen vai dirixido?
* Mulleres e homes de + 15 anos
* Con ou sen experiencia en patíns (ensinámoste dende cero)
* Xente que traballe en equipo, dentro e fóra da pista

Que posición podo desenrolar no equipo?
– Xogar
– Arbitrar
– Ser voluntarix sen patíns (chamado NSO)

Toma nota das quendas!!

// Adestramentos abertos // Martes de 21 a 23 h. no Polideportivo Monte das Moas e Venres (C/José Mª Hernansáez Nº 23) de 20 a 21 h. na pista cuberta de INEF (Avenida Ernesto Che Guevara, 121).

// Visionado dun partido aberto e conxunto.
// Mercores 15: Coñece o equipo nun ambiente chachi mentres explicamos de primeira man o deporte. De 20 a 22 h. Lugar por confirmar.

>> Segue moi de preto as súas redes en Instagram instagram.com/irmandinasrollerderby/ e Twitter https://twitter.com/IrmandinasRD

>> Consulta a web para máis información http://corunaquadclub.es/