Xa se sente o espírito da Competición no mareantes rugby clube de Pontevedra

    0

     

    Os nosos maiores da Academia do M16 e M18 realizaron este Sábado un adestramento xunto a Ourense Rugby e Asociacion Valentes de Santiago Rugby máis un pequeno encontro amistoso.🏉

    Destacamos unha clase impartida inicialmente por «Maga»,ex xogador Senior do Mareantes e árbitro de categoría nacional, onde explicou detidamente as novas regras sobre placaxe que serán vixentes na competición destes adolescentes.

    🏆Hai que destacar en particular a creación dun novo equipo M18 xunto aos equipos amigos de Ourense e Santiago Rugby, o que é un fito para o Club da capital conseguindo ter un equipo en todalas categorías en só 3 anos da refundación da canteira.🏆

    As preinscricións nas EDM están a ir a toda velocidade 🏃‍♀️🏃 pero aínda hai prazas libres para nen@s novos que queiran unirse ao Club decano do deporte oval en Pontevedra.

    Se tes dúbidas podes vir probar cando queiras!. Só tes que escribir ao 📲 609347446 e achegarche Luns ou Venres ao noso campo de #Monteporreiro.

    Ysabel Candelón. Mareantes R.C.