• Dezasete equipos da provincia inscribíronse na competición da institución provincial, na que o C.D. Valladares defende título

A sexta edición da Copa Deputación en categoría feminina xa está en marcha, con dezasete equipos da provincia que pelexarán por levantar un título que defende o club vigués C.D. Valladares.

Na zona de Pontevedra o cadro emparellou ao Arcadia E.F. co Umia C.F., que na previa derrotou 6-1 ao Marin C.F, e ao Atlético Arousana co Viajes Interrías. Tamén na previa, o equipo de Vilagarcía venceu 16-1 ao C.D. Bamio e o equipo de Sanxenxo 12-0 ao S.D. Noalla.

En canto á zona de Vigo son 10 os equipos que loitarán por chegar ata a final. Na primeira ronda o EDVM Pereiro xogará ante o Balaidos C.F., o C.D. Valladares contra o gañador do Sárdoma C.F. –  S.P.C. San Mateo; o Vilariño ante o Gondomar, e o Atlético Matamá fronte o gañador do Tomiño F.C. – C.P. Alertanavia.

O formato de competición será o mesmo das últimas edicións, xogándose todas as eliminatorias a único partido que disputarase no campo do equipo de menor categoría e resolvéndose os empates cunha tenda de penaltis. A final xogarase a finais de maio nunha sede aínda por determinar.

Nota de prensa de la Deputación de Pontevedra