O Gondomar CF crea fútbol base para todas as categorías, e unha escola de formación. En virtude dos estatutos do Clube, da sua centenaria historia e de acordo coa idea fundacional da entidade, abren o prazo de preinscripción.
Trátase dunha escola de alto rendemento, que atente unha demanda histórica do Clube e do Val Miñor. Ademáis, permitirá a rapaces e rapazas de Gondomar e a súa contorna, xogar no Club de sempre: o Gondomar CF.
Créase unha escola de fútbol de alto rendemento, con técnicos profesionais e unha boa estructura, para traballar dende a diversión, en beneficio da formación e a educación en valores. Unha escola diferente, asequible, amable, e con moitas actividades paralelas para regalar unha gran etapa, a pequenos e maiores.
As novas tecnoloxías permitirán un trato cercano coas familias, a súa realidade e as súas necesidades. Ábrese dende xa, unha línea telefónica (10:00-14:00 e 16:30-21:00) e con whatsapp, no 682 269 770. Tamén pódese contactar a través do correo futbolbase@gondomarcf.com
Xogadores e xogadoras serán protagonistas das activas redes sociais do Clube, e terán programas específicos de formación,  e dende unha realidade adaptada a cada un, vivirán a competición coma un profesional.
Non deixes pasar esta oportunidade e inscríbete, aproveita esta oportunidade única que che presentan!
#FacendoFuturo
#XogamosTodos