No máster poderanse inscribir todos os xogadores e xogadoras que o desexen (fin do prazo de inscrición: venres 30 de agosto), pero, unha vez que finalice a sexta proba (sábado 31) actualizarase o ranking Babolat e seleccionaranse aos 8 xogadores e xogadoras inscritos con mellor clasificación de cada categoría (que cumpran os requisitos de acceso ao máster), e eses serán os que participen no torneo.

Unha vez seleccionados os xogadores e xogadoras clasificadas, enviaráselles un correo electrónico para que se realice o pago da inscrición, que debe realizarse a través da pasarela de pago de  Ibertenis antes do luns día 2 ás 15:00 h.

Ademais da categoría individual (que se xogará en formato de cadro  eliminatorio), este ano establecéronse no regulamento os cadros de dobres masculino e feminino nas categorías  sub-14 (alevín+infantil) e  sub 18 (cadete+ junior). Nestas categorías só poderán participar xogadores e xogadoras clasificadas na categoría individual.

Para os cadros de dobres, o prazo de inscrición estará aberto ata o domingo 1 de setembro, para que poidan conformar as parellas unha vez publicados as listaxes de clasificados en categorías individuais.

A orde de xogo será o seguinte (non se aceptarán modificacións):

  • Mércores 4: Categorías alevín, infantil e dobres  sub 14 en horario de 16:00 h a 21:00 h
  • Xoves 5: Categorías cadete,  junior e dobres  sub 18 en horario de 16:00 h a 21:00 h.
  • Venres 6, sábado 7, domingo 8: Semifinais e finais de todas as categorías.

Máis información e inscricións na seguinte ligazón:

Nota de prensa de la Federación Gallega de Tenis