A Copa Galicia de Ciclocross 2015 percorre na súa primeira edición as catro provincias galegas e este domingo chega á de Lugo. Viveiro estréase como escenario dunha proba desta modalidade e no circuito do Parque Pernas Peón vivirase unha xornada clave para a resolución do certame autonómico. Tras catro carrereiras disputadas e a falta de tres para o final, ningunha das dez categorías está aínda sentenciada.

 

ViveiroA emoción alcanza cotas máximas nas dúas clasificacións Elite e Sub 23. Na de féminas, Sandra Moral situouse a pasada fin de semana en Boiro a 30 puntos da líder Lucía Vázquez (PC Quintena). Pola súa banda, na proba masculina a diferencia na loita polo primeiro posto no ranking absoluto é minima entre o elite Paulo González (Salvaterra) e o sub 23 Adrian Valverde.

No resto de categorías os maillots de primeiros clasificados defenderanos Sara Trigo (Salvaterra) en Junior feminino; Pablo Álvarez (Cambre) en Junior masculino; Carla Fernández (EC Redondela) en Cadete feminino; Jacobo Álvarez (EC Redondela) en Cadete masculino; Narciso Piñeiro (Spol) en Master-30; Guillermo Álvarez (Fornelos) en Master-40; e Javier de la Fuente (Betanzos) en Master 50-60.

O programa de competición da primeira edición do ‘Ciclocross Concello de Viveiro’ ten a súa hora de inicio prevista para as 10:00 coas saída dos masters 40/50-60 e coas de cadetes. Ás 11:00 arrancarán as féminas Elite e Sub 23 e as 12:00 será a quenda para a proba estrela masculina.

A presentación deste evento organizado pola Peña Ciclista Lar Viveiro tivo lugar nas últimas hora na localidade de A Mariña lucense. Neste acto estiveron presentes Emilio Villarmea (Concelleiro de Deportes), Jose Manuel Pernas (Presidente da Peña Lar), César Lage (Presidente CC Viveiro) e os corredores Miguel Barreira e Marcos Vale, que participarán o domingo nesta cita.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

A Federación Galega de Ciclismo impulsa este ano a Copa Galicia de Ciclocross aglutinando tódalas competicións do calendario autonómico desta modalidade. Trátase dun certame no que tódalas súas probas tamén son puntuables para o ranking español e contan con cobertura televisiva para un posterior resumo na segunda canle da televisión autonómica (Tvg2).

 

 

Suspensión

Nas últimas horas confirmouse que a sexta xornada deste torneo, que estaba prevista para o 20 de decembro en O Porriño, no se poderá celebrar por problemas de organización. Polo tanto, a carreira de Viveiro pasa a ser a antesala do Campionato de Galicia do vindeiro 27 de decembro en Ferrol.