Vitorioso comezo de ano para o Celta | Betis 0-2 Celta

0

FICHA TÉCNICA

Real Betis 0-2 RC Celta

Aliñación Real Betis: Rui Silva, Bellerín, Bartra, Víctor Ruiz, Álex Moreno, William, Guardado, Diego Lainez, Canales, Juanmi e William José.

Aliñación RC Celta: Dituro, Okay, Aidoo, Carlos Domínguez, Javi Galán, Fran Beltrán, Denis Suárez, Brais Méndez, Cervi, Iago Aspas e Santi Mina.

Goles: 0-1, min. 36 (Iago Aspas). 0-2, min. 41 (Iago Aspas).

Árbitro: Soto Grado

Campo: Estadio Benito Villamarín

ANÁLISE

O Celta conseguiu ante o Betis a primeira vitoria deste 2022. Non puido ser un partido mellor, ante un gran rival e cunha exhibición de Aspas, autor dos dous tantos da tarde, que deixou marabillosas sensacións.

Nada máis comezar, Santi Mina tivo a primeira ocasión para os celestes que deteu Rui Silva. Pola súa banda, o Betis controlou o encontro durante uns minutos con algunhas chegadas de Juanmi, William ou Canales. Con todo, o mellor para o Celta chegou nos últimos minutos. No 36, Iago Aspas marcou de penalti o primeiro gol do ano. Uns dez minutos despois chegou o segundo do moañés e do Celta, pouco antes de chegar ao descanso. Aspas ampliou a vantaxe nunha incríble xogada que sorprendeu a todos.

highlight_image
Fotografía: LaLiga Santander

No segundo tempo, o Celta seguiu con enerxía. Un lanzamento de Santi Mina petou no pau. A seguir, o Betis tivo algunhas ocasións da man de Rodri, Fekir, Canales, William ou Borja Iglesias. Porén, non crearon excesivo perigo á defensa celeste. Quince minutos antes do final, Santi Mina volveu facer que Rui Silva tivera que esforzarse para deter o disparo. Nos últimos minutos Coudet realizou varios campos para consumir algúns minutos, pero o marcador non se moveu.

Dicía o Chacho na previa que era o partido desta liga, ata o momento, con máis contratempos. Con todo, foi un dos que mellores sensacións deixou ao remate. Tres puntos, no primeiro encontro do ano, ante un dos conxuntos máis en forma do campeonato.