Vitoria do Celta sen Aspas ante o Villarreal (2-4)

0

FICHA TÉCNICA

Villarreal CF 2-4 RC Celta

Aliñación Villarreal CF: Asenjo, Albiol, Funes Mori, Estupiñán, Peña, Parejo, Trigueros, Moi Gómez, Capoue, Yeremy e Fer Niño.

Aliñación RC Celta: Iván Villar, Hugo Mallo, Araújo, Carlos Domínguez, Aarón Martín, Fran Beltrán, Denis Suárez, Brais Méndez, Solari, Nolito e Santi Mina.

Goles: 0-1, min. 19 (Santi Mina). 1-1, min. 24 (Moi Gómez). 1-2, min. 33 (Santi Mina). 1-3, min. 47 (Brais Méndez). 1-4, min. 57 (Augusto Solari). 2-4, min. 86 (Gerard Moreno).

Árbitro: Medié Jiménez

Campo: Estadio La Cerámica

ANÁLISE

O Celta conseguiu unha vitoria moi importante no soño por Europa e que deixa un bo sabor de boca. En parte débese á capacidade do equipo de resolver o encontro sen algunhas das súas pezas clave como Iago Aspas, Renato Tapia ou Jeison Murillo. Comezou adiantándose o Celta con Santi Mina, pouco despois empatou o Villarreal, pero o Celta seguiu anotando no primeiro e segundo tempo. Nos minutos finais os locais recortaron distancias.

Na primeira metade o Celta gozou de ocasións destacadas por medio de Brais Méndez e Nolito. Aínda, así o Villarreal tamén presionaba e Iván Villar sufriu para deter un lanzamento de Fer Niño. No 19, Santi Mina anotou o primeiro gol da tarde cunha asistencia de Aarón Martín. Con todo, cinco minutos despois empatou Moi Gómez. Aínda así os celestes seguiron intentándoo e no 33 o colexiado sinalou un penalti pola caída de Hugo Mallo e Santi Mina anotou o segundo. Antes de rematar este tempo, o colexiado expulsou a Araujo, pero o VAR rectificou e quedou en amarela.

Pouco despois de comezar o segundo tempo Brais Méndez puxo o 1-3 noutro penalti sinalado para os vigueses. Dez minutos despois, Solari anotou o cuarto, é o segundo gol nesta Liga na súa conta particular. Aínda así, nos últimos minutos volveu haber polémica e Medié Jiménez sinalou un penalti para o submarino amarelo que anotou Gerard Moreno. Ademais, Ferreyra foi expulsado.

O vindeiro encontro será o mércores ante o Getafe en Balaídos. Outra oportunidade para seguir soñando nestes derradeiros suspiros da Liga.

highlight_image

Fotografía: LaLiga Santander