Vitoria do Celta B ante o Sanse para saír do descenso

0

A pesar de que o encontro non comezou ben, os rapaces de Onésimo Sánchez conseguiron remontar ante o UD Sanse, o pechacancelas do Grupo 1 da Segunda División B, e vencer en Barreiro.

No primeiro tempo, os visistantes tiveron máis dominio do partido, polo que aproveitaron para poñerse por diante no minuto 29 por medio de Bolaños. Con todo, o filial celeste non se deu por vencido e seguiron intentándoo antes do descanso, ata que chegou o tanto de Manu Justo no minuto 43.

Á volta dos vestiarios, os de Onésimo tiveron máis enerxía e seguiron buscando o gol da ventaxa. Entraron ao terreo de xogo Manolito Apeh e Sergio Bermejo, para acto seguido, chegar un golazo de Yaw Yeboah de falta directa. Xa nos minutos finais, o adestrador celeste deu entrada a J.A. Ros para defender o resultado.

Esta xa é a terceira vitoria consecutiva do Celta B, que parece ter outra faciana dende a chegada ao banco de Onésimo Sánchez. Desta forma, o equipo chega aos 35 puntos e colócase a un do play out e a dous dos postos de perigo. Polo tanto, deben seguir na boa liña, así conseguirán permanecer na Segunda B.

Ficha técnica

Aliñación Celta B: Rosić, Sergio Carreira, Mariel Lozano, Jose Fontán, Diego Pampín, Moha, Alberto Solís, Yeboah, Jacobo González, Javi Gómez e Manu Justo.

Aliñación UD Sanse:Xavi Irureta, Rubén Valverde, Pipe Saez, Alex Galindo, Albert Estellés, Raúl Hernández, Roberto Bolaños, Iván Bueno, Miguel Muñóz, Queijeiro e Fer Ruiz.

Goles: 0-1, min 29 (Bolaños). 1-1, min. 43 (Manu Justo). 2-1, min. 72 (Yaw Yeboah).

Árbitro: Pablo Fernández Pérez

Campo: Estadio Municipal de Barreiro (Vigo)