Vitoria do Celta ante os Wolves para rematar a pretempada (0-1)

0

FICHA TÉCNICA

Wolverhampton Wanderers FC 0-1 RC Celta

Aliñación Wolverhampton Wanderers FC: Sa, Hoever, Kilman, Coady, Saiss, Marcal, Neves, Moutinho, Trincao, Adama Traoré e Raúl Jiménez.

Aliñación RC Celta: Dituro, Hugo Mallo, Denis Suárez, Nolito, Iago Aspas, Tapia, Aidoo, Javi Galán, Fontán, Santi Mina e Brais Méndez. No segundo tempo entraron: Carlos Domínguez, Cervi, Solari e Fran Beltrán.

Goles: 0-1, min. 29 (Iago Aspas p.).

Árbitro: John Moss

Campo: Molineux Stadium

ANÁLISE

O Celta finalizou os compromisos de pretempada cunha boa vitoria no encontro máis esixente. Impuxéronse aos Wolves por 0-1 cun gol de penalti de Iago Aspas na primeira metade. Na segunda, os de Coudet sufriron para manter a ventaxa, pero finalmente o marcador non se moveu.

O partido comezou con intensidade por parte de ambos equipos. Renato Tapia tivo unha ocasión para marcar que saiu moi desviada. Posteriormente, Brais Méndez lanzou a porta, pero o seu disparo marchou por pouco. Na media hora de xogo chegou o tanto celeste, Iago Aspas anotou de penalti.

No segundo tempo, os locais entraron con moita enerxía para tentar empatar a contenda. Dituro e a defensa celeste encargáronse de deter os lanzamentos dos Wolves. Kilman ou Raúl Jiménez estiveron a piques de marcar. Na parte final do encontro o Celta volveu retomar o control do choque, pero non houbo máis ocasións claras.

Finalizada a pretempada, toca sacar conclusións. En xeral o balance e as sensacións son moi boas: vitoria ante o Sanluqueño (3-0), vitoria ante o Pafos (2-0), empate ante o Gil Vicente (0-0) e vitoria ante o Wolves. Ademais, o Celta non encaixou nin un só gol. Cargado destas noticias positivas, os celestes tentarán comezar con bo pé a Liga a vindeira semana ante o Atlético de Madrid.

Imaxe

Iago Aspas nunha xogada do partido.
Fotografía: RC Celta.