Vitoria do Celta ante o Huesca nun partido sen pausa (3-4)

0

FICHA TÉCNICA

SD Huesca 3-4 RC Celta

Aliñación SD Huesca: Álvaro Fernández, Pulido, Siovas, Insua, Maffeo, Ferreiro, Seoane, Mikel Rico, Javi Galán, Escriche e Rafa Mir.

Aliñación RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Aidoo, Murillo, Aarón Martín, Fran Beltrán, Denis Suárez, Brais Méndez, Nolito, Iago Aspas e Santi Mina.

Goles: 0-1, min. 5 (Santi Mina). 1-1, min. 14 (Siovas). 2-1, min. 16 (Rafa Mir). 2-2, min. 37 (Nolito). 2-3, min. 52 (Hugo Mallo). 3-3, min. 74 (Ferreiro). 3-4, min. 76 (Fran Beltrán).

Árbitro: Munuera Montero

Campo: Estadio El Alcoraz

ANÁLISE

Había tempo que non se vían tantos goles nun partido do Celta, e ademais, que acabara con bo resultado para os celestes. Cando Santi Mina, marcou nada máis comezar o partido parecía calmo, pero no primeiro e segundo tempo o Huesca anotou tres goles e o Celta outros tres que lle daban a ventaxa final.

O encontro non puido comezar mellor para os de Coudet, xa que a primeira ocasión dos visitantes foi gol de Santi Mina cunha asistencia de Nolito. Con todo, acto seguido o Huesca volveuse arriba e meteu en apuros ó Celta, ata que Siovas anotou o empate de cabeza. Os de Pacheta seguiron na boa xeira e remontaron dous minutos despois por medio de Rafa Mir. A continuación os vigueses tardaron un anaco en recompoñerse, pero volveron á carga e empataron no 37 cun gol de Nolito tras un rexeite. Aínda que non todo eran boas noticias. Nunnha caída Rubén Blanco mancouse e tivo que ser substituído por Iván Villar.

No segundo tempo, o Celta comezou con enerxía e Hugo Mallo callou o seu bo partido poñendo o 2-3 no marcador cun lanzamento de cabeza. Mais o Huesca non se rendeu, e seguiu intentando o empate, que tivo lugar no 74 a través de David Ferreiro. Pero a tónica do partido continuou cando dous minutos despois, Fran Beltrán puxo ós celestes por diante de novo. O resultado non se moveu, aínda que o Celta rematou sufrindo o encontro.

Estes tres puntos contra o Huesca son un gran resultado que afasta máis ó equipo celeste do descenso. Colócanse de oitavos na clasificación e con 33 puntos. O vindeiro encontro será contra o Athletic de Bilbao en Balaídos, un rival próximo na táboa que determinará o futuro próximo dos de Coudet.

highlight_image

Fotografía: LaLiga Santander