Vitoria de ouro do Celta ante a Real Sociedad (0-1)

0

FICHA TÉCNICA

Real Sociedad 0-1 RC Celta

Aliñación Real Sociedad: Remiro, LLorente, Zaldua, Monreal, Aritz, Januzaj, Zubimendi, Oyarzabal, Odegaard, Merino e William José.

Aliñación RC Celta: Rubén, Murillo. Aidoo, Kevin Vázquez, Lucas Olaza, Bradaric, Rafinha, Fran Beltrán, Iago Aspas, Denis Suárez e Santi Mina.

Árbitro: Prieto Iglesias

Campo: Estadio Reale Arena

ANÁLISE

Parece que chegou un novo Celta. Un Celta solvente que non se vira nesta tempada. Despois de ano e medio, os celestes conseguiron gañar dous encontros consecutivos. Este, contra a Real Sociedade, un conxunto ben clasificado, pero que non son os que eran antes do parón. Aínda así, hai que valorar esta vitoria, que coloca ao Celta a 7 puntos do descenso.

No inicio do encontro a Real tivo máis intensidade e aproximouse rápidamente á portería de Rubén. Januzaj Mikel Merino dispuxeron de ocasións que solventou o mosense. A continuación, os celestes comezaron a coller o balón cun centro do campo potente e traballador e levaron máis peso no partido. Santi Mina tivo unha oportunidade que saiu desviada antes de que Aspas anotara o único gol da tarde. O moañés caeu dentro da área cando circulaba entre os centrais locais e Prieto Iglesias sinalou penalti. A intelixencia de Iago cambiando de posición o lanzamento serviu para enganar a Remiro e poñer ao Celta por diante.

Na segunda metade a Real deu entrada a máis dianteiros importantes como Isak para intentar darlle a volta ao encontro. Pola outra banda, o Celta colocou unha defensa de cinco para deter as acometidas rivais. Entrou ao terreo de xogo Brais Méndez por Fran Beltrán. LlorenteMerino Januzaj foron os que máis perigo crearon. Despois Óscar García deu entrada a Nolito por Denis Suárez, a Araujo por Bradaric, a Jorge Sáenz por Iago Aspas e a Smolov por Santi Mina. O de Sanlucar aínda tivo tempo de aproximarse á portería rival, pero sen tanta sorte como no encontro anterior.

O solitario tanto de Aspas valeu tres puntos importantísimos que serven para coller unha gran bocanada de aire respecto ao descenso. A permanencia non está resolta aínda, pero se o Celta segue con este bo xogo non debería haber máis problemas. Despois de tanto sufrir, parece que os celestes van tomando o camiño correcto.

highlight_image

Fotografía: La Liga Santander