FICHA TÉCNICA
Real Sociedad 0-1 RC Celta
Aliñación Real Sociedad: Remiro, LLorente, Zaldua, Monreal, Aritz, Januzaj, Zubimendi, Oyarzabal, Odegaard, Merino e William José.
Aliñación RC Celta: Rubén, Murillo. Aidoo, Kevin Vázquez, Lucas Olaza, Bradaric, Rafinha, Fran Beltrán, Iago Aspas, Denis Suárez e Santi Mina.
Árbitro: Prieto Iglesias
Campo: Estadio Reale Arena
ANÁLISE
Parece que chegou un novo Celta. Un Celta solvente que non se vira nesta tempada. Despois de ano e medio, os celestes conseguiron gañar dous encontros consecutivos. Este, contra a Real Sociedade, un conxunto ben clasificado, pero que non son os que eran antes do parón. Aínda así, hai que valorar esta vitoria, que coloca ao Celta a 7 puntos do descenso.
No inicio do encontro a Real tivo máis intensidade e aproximouse rápidamente á portería de Rubén. Januzaj e Mikel Merino dispuxeron de ocasións que solventou o mosense. A continuación, os celestes comezaron a coller o balón cun centro do campo potente e traballador e levaron máis peso no partido. Santi Mina tivo unha oportunidade que saiu desviada antes de que Aspas anotara o único gol da tarde. O moañés caeu dentro da área cando circulaba entre os centrais locais e Prieto Iglesias sinalou penalti. A intelixencia de Iago cambiando de posición o lanzamento serviu para enganar a Remiro e poñer ao Celta por diante.
Na segunda metade a Real deu entrada a máis dianteiros importantes como Isak para intentar darlle a volta ao encontro. Pola outra banda, o Celta colocou unha defensa de cinco para deter as acometidas rivais. Entrou ao terreo de xogo Brais Méndez por Fran Beltrán. Llorente, Merino e Januzaj foron os que máis perigo crearon. Despois Óscar García deu entrada a Nolito por Denis Suárez, a Araujo por Bradaric, a Jorge Sáenz por Iago Aspas e a Smolov por Santi Mina. O de Sanlucar aínda tivo tempo de aproximarse á portería rival, pero sen tanta sorte como no encontro anterior.
O solitario tanto de Aspas valeu tres puntos importantísimos que serven para coller unha gran bocanada de aire respecto ao descenso. A permanencia non está resolta aínda, pero se o Celta segue con este bo xogo non debería haber máis problemas. Despois de tanto sufrir, parece que os celestes van tomando o camiño correcto.
Fotografía: La Liga Santander