Foto: LaLiga

FICHA TÉCNICA

RC Celta 3-1 Granada CF

Aliñación RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Murillo, Araújo, Lucas Olaza, Tapia, Denis Suárez, Brais Méndez, Nolito, Iago Aspas e Santi Mina.

Aliñación Granada CF: Rui Silva, Foulquier, Vallejo, Duarte, Luis Milla, Germán, Neva, Machis, Herrera, Luis Suárez e Jorge Molina.

Goles: 0-1, min. 25 (Luis Suárez). 1-1, min. 27 (Nolito). 2-1, min. 81 (Baeza). 3-1, min. 85 (Fran Beltrán).

Árbitro: Díaz de Mera

Campo: Estadio Municipal de Balaídos

ANÁLISE

Por fin chegou a ansiada vitoria para o Celta. A primeira da era Coudet deixa como gran protagonista a Iago Aspas, que non marcou, pero estivo omnipresente en todo momento. O Granada adiantouse, pero o bo xogo do Celta conseguiu que Nolito empatara e Baeza e Beltrán fixeran os tantos definitivos.

Os celestes comezaron o partido cunha gran enerxía e dominando con numerosas ocasións nas que Aspas asistía, como a Santi Mina, Nolito ou Hugo Mallo. Con todo, o que perdoa acaba pagando, e o Granada aproveitou a oportunidade de Luis Milla e Luis Suárez no 25 para que fora transformada en gol por este último. Aínda así, o Celta non se deu por vencido e empatou por medio de Nolito dous minutos despois. Os vigueses seguiron insistindo e Brais Méndez realizou un bo lanzamento que deteu Rui Silva.

No segundo tempo, o Celta non estivo tan asoballador, pero si seguiu tendo ocasións de gol. Santi Mina, tivo lanzamento que saíu desviado, ó igual que Tapia, e despois Nolito, que disparou desviado tras un gran pase do moañés. A continuación, entrou ó terreo de xogo Miguel Baeza e nun rexeite de Rui Silva conseguiu anotar o 2-1. Pero os celestes non se conformaron con iso, e no 85 Fran Beltrán, tamén recén entrado ao campo, puxo o definitivo 3-1 cunha gran asistencia de Aspas. Con todo, o partido non rematou da mellor forma, xa que se formou unha tangana da que Okay saíu expulsado por tirarlle do cabelo a Luis Milla.

Con estes tres puntos balsámicos, o Celta colócase de antepenúltimo, con 10 puntos. O vindeiro rival será o Athletic, un rival da parte media alta da táboa e unha boa pedra de toque para saber se a melloría celeste comeza a asentarse.

highlight_image

Fotografía: La Liga Santander