Vista Alegre súmase ao rosa para dar a cara contra o cancro

0
50

Vista Alegre e o Pescados Rubén Burela sumaranse esta semana ao Rosa para Dar a Cara contra o Cancro, coincidindo coa xornada 5 de Primeira LNFS, o venres 11 (21.00 horas), e RFEF, o sábado 12, (18.30 horas), en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro.

Coa proximidade do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama -o 19 de outubro-, a Bomboneira e a AECC darán a coñecer o labor do servizo da Mariña do colectivo, que xunto á atención psicolóxica, con Andrea Casais, desde o verán tamén conta a traballadora social Estefanía Corcoba.

Desde a súa sede en Burela, na praza da Mariña, número 13 (antiga Capitanía Marítima), ambas as profesionais ofrecen información e orientación a pacientes e familiares, de luns a venres de 8.30-15.00 e 16.00-19.00. Ademais, a través da iniciativa “O Carriño”, tamén prestan servizo psicosocial aos pacientes do Hospital Público da Mariña na sala de quimioterapia.