[alert type=”warning”]

Victoria FC: Carmen, Alba (Andrea 78′), Angela, Yaiza (Sara 68′), Miriam Garabato (Carla 55′), Alba, Cristina (Anxela 55′), Miriam, Enma (Antia 55′), Marta, Angela Choren.

UD Ourense: Noelia, Jani, Maria, Pacy, Lo , Moni, Dana (Palo 13′), Aida, Laura, Hele, Cris (Zaira 82′).

Goles: 0-1 Pacy min 66, 0-2 Laura min 78.

Árbitro: Adrian Casal Barreiro. Sen amonestacions.

Incidencias: partido correspondente a 17ª xornada da 1ª Division Feminina disputada no campo Municipal do Sergas (Santiago de Compostela)

[/alert]

 

Resultados y Clasificación

 

A primeira parte comezou coas locais moi enchufadas despois da súa primeira derrota do ano. Imprimiron un ritmo moi alto de partido, froito do cal dispuxeron de duas ocasións moi claras, a primeira nun centro atrás que rematou unha dianteira local e que parou Noelia co pe nunha gran intervencion e a segunda nun balón a espalda da defensa ourensanista, no que a dianteira regateou a Noelia pero quedouse sen angulo e o seu tiro foise fora.

A partires de ahí o partido igualouse. As de Rubén García comezaron a rondar o área do Victoria e dispuxeron dalgunha ocasión desbaratada pola porteira local Carmen. Ata o tempo de lecer o partido converteuse nun toma e daca entre dous equipos que facian honra a sua clasificacion na táboa.

 

A segunda metade comezou como a primeira, as locais volven sair a por todas e fan un asedio da porta visitante materializado nunha serie de saques dende o curruncho nos primeiros minutos que son desbaratados pola defensa visitante. Coma na primeira metade pasado ese asedio inicial, o xogo igualouse ata que no minuto 66, tras un corner a favor do UD Ourense rexeitado pola defensa, o balon cae a pes de Moni ao borde da area, pasa a Pacy e esta marca de tiro cruzado pola escadra.

O equipo local acusou o golpe e pasou por momentos de desconcerto e precipitación. As visitantes, moi ben asentadas no campo, aproveitaron un erro das locais tras unha presión a unha defensa, que cedeu o balón a porteira e esta no seu intento de despexe bateu o balón contra as costas de Laura que aproveitou o regalo e marcou a porta baleira. Era o minuto 78. De aquí ata o remate o partido foi un quero e non podo por parte das locais que non puxeron en apuros a Noelia.

 

Nova victoria para as rapazas da UD Ourense que reducen a distancia co segundo clasificado. A vindeira semana visita o Monte da Aira o Sardoma B, outro dos conxuntos situados na parte alta da táboa.

 

 

Comentarios