Victoria do UD Ourense feminino que lles permite afianzarse na cuarta praza

0

 

[alert type=»success»]

Torre SD: Aroa, Blanca, Maria, Sara, Claudia (Noelia Dieguez 73′), Rocio (Noelia Regueiro 52′ Yessica 81′), Nerea, Silvia (Eva 62′), Marta, Lorena (Lucia 49′), Rita (Ana Belen 88′).

UD Ourense: Ches, Maria, Jani, Pacy, Lo , Moni, Dana, Aida, Laura, Hele, Cris (Palo 65′).

Goles: 0-1 Pacy min 92.

Árbitro: Angel Acuña Piñeiro. Carton amarelo nas locais a Claudia (44′), Marta (68′), Rita (80′) e Aroa (89′) e nas visitantes a Hele (60′). Carton vermello ao delegado vistante (60′)

Incidencias: partido correspondente a 22ª xornada da 1ª Division Feminina disputada no campo 3 da Torre (A coruña)

[/alert]

 

O partido previase dificil e así foi. Xa na ida o equipo do Torre causara moitos atrancos as ourensanistas e o guión repetiuse na volta, aderezado cun campo pequeno, moi mollado e coa choiva. As locais sairon realizando unha forte presión, tentando evitar o xogo das visitantes e conseguirono. Moitas interrupcións, pouca continuidade no xogo e moi pouco espazo para xogar. Poucas chegadas as áreas houbo neste primeiro tempo. A ocasión mais clara sería de Hele nun balón que colleu na banda dereita, adentrouse no área e o seu tiro cruzado foise fora por moi pouco. Era o minuto 30. Pouco antes un tiro lonxano de Moni puxera a proba a gardarredes local. Tivoa o Torre no minuto 32 nun tiro lonxano dende fora do área que enviou Ches a corner.

 

A segunda metade trocou a decoración. O Torre xa non tiña tantos folgos para a presión e as aproximacións visitantes a área eran mais constantes. A primeira foi moi clara, balón que colle Cris dentro do área pero a gardarresde evita o gol enviando a córner. Ao pouco foi Dana quen despois dunha gran xogada persoal disparou e o seu disparo foise a rentes do pao. O partido volveu entrar nunha sucesión de interrupcións por faltas, amonestacións e lesións nas locais que fixeron que o ritmo decaira.

Chegaron duas ocasións moi claras a balon parado pero nin Pacy primeiro nin Palo despois atinaron co gol. Na unica contra local da segunda parte puido chegar o gol, cun gran disparo dende 30 metros que sacou Ches a córner. Os derradeiros minutos do partido sucedéronse as aproximacións ao área do Torre pero faltou claridade. Xa no tempo de engadido, unha acción de Hele por banda remata en córner. Saca Palo e Pacy fai de cabeza o 0-1. Era o minuto 92.

O seguinte partido sera o domingo no Monte da Aira ante o Deportivo Abanca B.