O Calvo Basket Xiria sabía o que se xogaba nesta fin de semana, metido na pelexa de acadar a clasificación para xogar unha nova fase de ascenso á Liga EBA, saíu concentrado ao máximo desde o primeiro segundo. Os inicio non foi facer, que o CB Cambre impuxo o seu saber face no primeiro cuarto (14-15) e non deixou tiros aos nosos anotadores exteriores … pero todo cambiaría no 2ºQ para os xogadores de Fer Buendía, conscientes da importancia do partido e cimentados nunha forte defensa, saídas en contataque e remate en tiro, deron a volta os marcador, chegando os descanso cunha pequena vantaxe de 39-30.
Xa iniciado o 3ºQ (61-48), o bo traballo feito ata o momento e a continuación do mesmo, deulles una maior confianza e acadouse unha maior vantaxe no marcador, con 3 triplas (9 no total do encontro) tiros cómodos de 2 puntos. Xa no derradeiro cuarto a CB Cambre incrementou a intensidade e dureza límite (e verbal) no xogo , pero a intelixencia e lectura de xogo do Calvo Basket Xiria foi superior e mantivo unha cómoda vantaxe, para chega os fina do encontro co marcador en 74-63.
A falta da vindeira xornada (CB Eume 09.02.19), o CALVO BASKET XIRIA, da man de Fernando Buendía, acadou a clasificación matemática, para volver a xogar unha nova fase de ascenso á Liga EBA, na que se enfrontarán os catro mellores equipos dos Grupos Norte e Sur da 1ª División Autonómica Galega.
CLASIFICACION FEGABA do CALVO BASKET XIRIA
FELICITAR AO EQUIPO por estes meses de duro traballo!!!