[alert type=»danger»]
UD Ourense: Ches, Ile (Palo 55′), Noe, Maria, Pacy , Dana, Moni, Jani, Hele (Laura 66′), Aida (Cae 82′), Cris Rodríguez (Laura 66′).
San Miguel: Aldara, Catarina, Tamara, Lucia, Cecilia, Xiana (Megan 46′), Laura, Nahir, Sara, Sofia (Olalla 78′), Yaiza (Maria 75′)
Goles: 1-0 Cris Rodriguez min 4, 1-1 Lucia min 8, 2-1 Pacy min 24, 3-1 Laura min 92.
Árbitro: Juan Carlos Garcia Dominguez. Carton amarelo para Hele (56′) nas locais e Catarina (89′) nas visitantes.
Incidencias: partido correspondente a 5ª xornada da 1ª Division Feminina disputada no campo do Monte da Aira (Velle).
[/alert]
A primeira metade comezou coas locais completamente despistadas e fora do partido, non se daban dous pases seguidos e as perdas de balon e erros defensivos eran continuos. Sen embargo na primeira xogada cun pouco de sentido por parte das locais Moni deu un pase a banda a Noe para que centrara e Cris Rodríguez rematara no segundo pao. Foi un espexismo e so 4 minutos despois nun erro defensivo Lucia aproveitaba para batir a Ches cun tiro cruzado.
As visitantes cunha forte presion e marcaxe individual as xogadoras do medio do campo achegabanse a area local, eso sin sen que Ches tivera que intervir. Das locais pouco mais se soupo ata que no minuto 24 Pacy marcou de cabeza ao saque dunha falta que fixo Cris. As locais espabilaron un pouco e tiveron duas boas ocasions antes de chegar ao descanso por medio de Cris Rodriguez q soa ante a porteira mandou o balon ao longueiro e de Hele que se plantou ante a porteira visitante e tentou unha vaselina q tocou o suficiente a porteira para evitar o gol.
Na segunda metade as locais seguiron sen moitas ideas. O marcaxe individual que recibian as centrocampistas fixo que non se manexara o balon coma de costume e o partido converteuse nunha sucesión de balóns longos. As visitantes coas ideas mais claras agardaban, e cando recuperaban o balon buscaban a Lucia que creou problemas coa sua velocidade. Precisamente dela foi a ocasión mais clara das vistiantes no minuto 60 plantándose ante Ches que fixo unha gran parada.
A pesares da falta de claridade co balon, as locais tiveron varias oportunidades moi claras, na primeira Dana non deu conectado un bo pase de Hele, a propia Hele despois dunha boa xogada personal disparou as mans da porteira e a mais clara estivo a pes de Laura tras un pase interior de Hele pero o seu disparo foise fora. O gol da tranquilidade veu no minuto 92 por medio de Laura
Victoria para as rapazas da UD Ourense e a vindeira xornada o desprazamento máis longo da tempada, pois toca visitar a O Val. Ao remate do partido, Hele e Lo arroupadas polas compañeiras recibiron o trofeo que as acredita como as mellores xogadoras do mes de setembro, junto con Rubén Durán do masculino.
Fotos: Yedra Seara