Vicente Rioseco, elexido mellor atleta máster nacional 2019

0

 

A RFEA a acaba de facer pública o seu informe anual máster 2019 correspondente á actividade deportiva desenvolta por este importante colectivo do noso atletismo. No citado informe, entre outros apartados, reflíctense os resultados correspondentes á elección ós/as mellores atletas máster do ano e onde o galego José Vicente Rioseco ven de acadar o máximo galardón na categoría masculina.

O atleta ferrolá máster75, que este ano ficharía polo Atletismo Narón, acadou o ano pasado o título de campión de España da súa categoría nas probas da milla, 800 m., 1.500 m. e 2.000 obstáculos, proba esta última onde establecería un récord do mundo cun rexistro de 8:29.26.

A maiores conta no seu curriculu con dous récords do mundo máis nas probas dos 1.500 m. con 5:11.27 establecida no ano 2018 e na proba dos 800 m. con 2:30.59 efectuada no ano 2016.

Pepín, que xa fora finalista deste prestixioso galardón nas edicións dos anos 2016 e 2018, acadaba desta vez a máxima valoración nos tres apartados de puntuación (valor marca, votación máster e web RFEA) sumandose así ós títulos que tamén acadaron outras ilustres atletas como Chus Sangüos nos anos 2003 e 2010, e Esther Pedrosa no ano 2018.

A maiores tamén é destacable os postos de finalistas que ó longo da primeira edición deste galardón, recibirían ademáis dos/dos citados, os/as galegos/as Manuel Rosales no 2006 e Soledad Castro no 2010.