Vero Boquete visita á Escuela ce Fútbol Femenino Rosalía

0

Día moi especial o de onte para todos os membros, pero en especial para as xogadoras, da EFF Rosalía, que recibiron a visita da xogadora internacional galega Vero Boquete, ex xogadora entre moitos do Bayer Munich, PSG e esta tempada pasada do Beijing BG Phoenix FC.

A xogadora nada en Compostela achegouse para compartir visita, tertulia e comida coa directiva da escola, para posteriormente achegarse ata o Monte da Aira, onde a estaban esperando todas as plantillas do clube e tamén moitos país, para compartir, ante a sorpresa das xogadoras e técnicos, o adestramento completo coas máis pequenas dos equipos Promesas e as senior da EFF Rosalía, as que se sumaron tamén cinco nenas do CD Velle.

En todo momento Vero mostrouse moi cercana e interesada pola curta historia do clube e os valores que se lle queren inculcar mediante o deporte do fútbol as nenas. Por outra parte, tamén agradeceu a colaboración da EFF Rosalía con Common Goal, da que ela mesma é membra xunto a moitas xogadoras e xogadores mundialmente famosos e liderada polo xogador español Juan Mata, que loita a favor da reintegración social da infancia a través de fondos recaudados no fútbol.

O final da xornada Vero Boquete foi agasallada cunha camiseta do clube e ela fixo de cicerona para darlles o regalo de nadal que o clube tiña preparado para cada unha das xogadoras e membros do staff técnico.

Destacar que en ningún momento a galega perdeu o sorriso e non se cansou de firmar autógrafos a todos os que llo solicitaron.

En definitiva, día grande para a EFF Rosalía, pero tamén para o fútbol feminino ourensá por esta visita.