A Coruña, 8 de febreiro de 2019. Esta fin de semana disputarase a President ́s Cup júnior en Antalya (Turquía) coa participación da nove taekwondistas galegos. O obxectivo, acadar a clasificación para o Europeo júnior e para iso hai que subir ao podio (tamén se clasifica o quinto, que perda en cuartos contra o campión do peso).

Mañá sábado competirán Cloe Iglesias (-59, Patiño), Sara Gacio (- 55, Boudsport), Ainoha García (-59, Couto), Desiree Rivadulla(+68, Suh Sport) e Diana Siota (– 49, Couto). O domingo será a quenda para Javier Torrado (-59, Suh Sport), Pablo Patiño (-63, Patiño), Alejandro Paz (-55, Natural Sport), Giovanni Imparato (-51, Mace Sport). Xunto a eles estarán os seleccionadores Tito González e Raúl Bouzas.

Trala competición júnior, terá lugar a President ́s Cup sénior (G2) e posteriormente o Open de Turquía (G1). Alí estarán Manuel Parada(-68, Natural), Iván García (-87, Mat ́s), Sara Cortegoso (-46, Mace Sport), Alba Vidal (-53, Kido Sport) e Arlet Ortiz (-57, Mat ́s), con Miguel Cortegoso como técnico. Ademais, a Federación Española de Taekwondo despraza a un equipo no que figuran os galegos Pablo Fernández Eiras (+87, Mat ́s) e Tania Castiñeira(+73, Hebe). Ademais, tamén contaremos coa presenza en Turquía da árbitra María Bautista, que representará ao taekwondo galego como xuíza.