Vanessa Sotelo, Carmelitas Vedruna e CEIP de O Irixo galardoados nos Premios do Deporte Galego

0

 

Vanessa Sotelo como mellor deportista feminina, Club Carmelitas Vedruna como mellor entidade na promoción do deporte de base e  o CEIP Virxe da Pena da Sela, O Irixo no premio “Galicia Saudable” son os represenattes ourensáns galardoados nos Premios do Deporte Galego 2014. O acto de entrega dos Premios 2014 terá lugar o 9 de abril no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa. 

 

Vilagarcía de Arousa foi o escenario escollido polo xurado dos Premios do Deporte Galego, presidido por Xosé Ramón Lete Lasa, para dar a conocer os 17 premiados nesta edición e que a gala de entrega de premios  terá lugar o 9 de abril no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa. 

 

Tres ourensáns resultaron galardoados nesta edición correspondiente o exercicio de 2014. Vanessa Sotelo como mellor deportista feminina, xogadora de fútbol sala no Cidade de As Burgas, equipo que ocupa a segunda plaza na máxima categoría do fútbol sala nacional. Entre os logros de este ano está o de ser Bota de Oro por ser a máxima realizadora da Selección Española no bronce conseguido no Mundial de Costa Rica e este mesmo fin de semana ven de proclamarse coa selección galega, campiona de España de selecciones territoriais. 

 Club Carmelitas Vedruna como mellor entidade na promoción do deporte de base. O clube, que preside Doña Rosa Barciela Campo, naceu co obxectivo de traballar incansablemente para fomentar o deporte base na nosa cidade, sen renunciar a mellorar e crecer ano tras ano como así o demostra o palmarés deportivo e humano alcanzado ata a data. O Club Carmelitas Vedruna dispón na actualidade das seccións de baloncesto, voleibol, atletismo, fútbol sala e xadrez, aínda que a sección na que máis destaca é a de baloncesto, por ser esta a principal. 

O CEIP Virxe da Pena da Sela de O Irixo no premio “Galicia Saudable”  xa que á entidade educativa destacada no fomento e na promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa. A labor de Carlos Bericat, ex de CD Ourense e actual presidente da Asociación de Ex-futbolistas,  como director do centro non paso desapercibida para o xurado, que a pesar de dispor de tan só 42 alumnos participa en planes como Proxecta y Xogade en fútbol sala, atletismo y bádminton. 

 

O Premio ao mellor deportista masculino foi para Javier Gómez Noya. A designación do triatleta, tetracampión do mundo, foi a que menos dúbidas suscitou xa que ben de ser galardoado como mellor atleta español do ano 2014. Os galardoados nesta edición de 2014 dos Premios do Deporte Galego son os seguintes:

 

  • Premio á mellor deportista feminina: Vanesa Sotelo Quintela (fútbol sala Cidade de As Burgas).
  • Premio á mellor entidade na promoción do deporte de base: Club Carmelitas Vedruna.
  • Premio “Galicia Saudable” á entidade educativa destacada no fomento e na promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa: CEIP Virxe da Pena da Sela, O Irixo.
  • Premio á mellor deportista feminina con discapacidade: Susana Rodríguez Gacio (paratríatlon).
  • Premio ao mellor deportista masculino: Javier Gómez Noya (tríatlon).
  • Premio ao mellor deportista masculino con discapacidade: Alejandro Vidal Álvarez  (parataekwondo).
  • Premio ao mellor equipo feminino: Alejandra Suárez González – Helena Pérez Álvarez (vela).
  • Premio ao mellor equipo masculino: Carlos Paz – Antón Paz Blanco (vela).
  • Premio ao mellor equipo de deportistas con discapacidade: Club Baloncesto AMFIV (baloncesto en cadeira de rodas).
  • Premio ao mellor adestrador/a: Ferenc Szabo Tatar (halterofilia).
  • Premio ao mellor árbitro –xuíz: Alberto Rodríguez Rodríguez (árbitro, balonmán).
  • Premio ao mellor labor informativo: Javier Ferreiro Campo
  • Premio ao mellor evento deportivo: O Marisquiño
  • Premio ao patrocinio deportivo: Conservas FRINSA
  • Premio deportista revelación: Ex aequo, Andrea Ferreiro Gómez (hockey en liña) e Jaime de Haz Iraurgui (remo)
  • Premio “Galicia Saudable” á entidade de carácter público destacada no fomento e na promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa: Circuíto Ribeira Sacra de carreiras populares
  • Premio “Galicia Saudable” á entidade de carácter privado destacada no fomento e na promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa: Fundación Maria José Jove