Valioso empate do Celta en Vallecas (0-0)

0

FICHA TÉCNICA

Rayo Vallecano 0-0 RC Celta

Aliñación Rayo Vallecano: Dimitrievski, Maras, Catena, Comesaña, Isi, Unai López, Álvaro, Balliu, Óscar, Fran García e Falcao.

Aliñación RC Celta: Dituro, Kevin, Araújo, Murillo, Galán, Tapia, Beltrán, Brais Méndez, Denis Suárez, Galhardo e Santi Mina.

Árbitro: Cordero Vega

Asistencia: 9.580 espectadores

Campo: Estadio de Vallecas

FICHA TÉCNICA

O Celta visitaba un estadio no que ninguén gañara, pero conseguiu traer un punto. É un botín bastante valioso tendo en conta que o Raio foi superior durante parte do partido. No segundo tempo o Celta conseguiu xerar algunha ocasión máis, pero os locais tiñan moito perigo cos seus contragolpes.

O Celta entrou no inxepugnable estadio de Vallecas desta tempada probando a porta contraria cun lanzamento de Brais Méndez que marchou por encima do largueiro. Pero o Raio tivo unha dobre ocasión moi perigosa de Falcao IsiDituro despexou o lanzamento do colombiano. Santi Mina respondeu cun bo remate de cabeza. O porteiro celeste volveu salvar un lanzamento de Fran García. Aos 22 minutos chegou un contratempo para o Celta a través dunha lesión. Santi Mina foi substituído por Solari. Dituro volveu salvar ao equipo detendo un disparo de Falcao. O primeiro lanzamento claro do Celta foi de Galhardo, pero deteu Dimitrievski. Antes de rematar, Isi case conseguiu abrir a lata, pero o seu tiro saíu desviado.

highlight_image
Fotografía: LaLiga Santander

No segundo tempo o Celta comezou coa intención de despexar as malas sensacións do primeiro tempo. Brais Méndez xerou perigo cun lanzamento que petou na barreira dos locais. Acto seguido o Raio montou rapidamente un contragolpe que salvou Dituro. Fontán Nolito entraron ao terreo de xogo por Javi Galán e Fran Beltrán. Fran García seguiu probando a porta celeste nun disparo que marchou desviado. Brais tivo outra boa ocasión nun lanzamento de falta que parou Dimitriesvski. Iago Aspas e Okay entraron por Denis e Galhardo. A ausencia do moañés no once titular foi unha das novidades destacadas. Chegados ao desconto, Ciss lanzou á porta de Matías Dituro pero saíu por riba.

O primeiro punto desta tempada que escapou de Vallecas levouno o Celta. Non foi o mellor partido dos celestes, pero serve para conseguir un importante punto nun campo difícil. A vindeira parada será ante o Barça en Balaídos, un rival potente pero en horas baixas.