Valiosa vitoria do Celta ante o Getafe (0-3)

0
Foto: LaLiga

FICHA TÉCNICA

Getafe CF 0-3 RC Celta

Aliñación Getafe CF: Soria, Djene, Florentino, Aleña, Sandro, Cuenca, Olivera, Arambarri, Maksimovic, Damian e Timor.

Aliñación RC Celta: Dituro, Hugo Mallo, Aidoo, Murillo, Javi Galán, Fran Beltrán, Brais Méndez, Denis Suárez, Nolito, Iago Aspas e Santi Mina.

Goles: 0-1, min. 53 (Santi Mina). 0-2, min. 57 (Iago Aspas). 0-3, min. 72 (Santi Mina).

Árbitro: Martínez Munuera

Asistencia: 7.630 espectadores

Campo: Coliseum Alfonso Pérez

ANÁLISE

Tres puntos de ouro. Así poderíase calificar a vitoria do Celta ante o Getafe no Coliseum Alfonso Pérez. No primeiro tempo os celestes tentaron abrir o marcador, pero as malas sensacións dos anteriores partidos planeaban sobre o estadio. Porén, no segundo tempo a capacidade goleadora do equipo reapareceu e Santi Mina (x2) e Iago Aspas trouxeron a vitoria para Vigo.

Na primeira metade o Celta tivo a maior parte das boas ocasións, pero non conseguiu materializar ningunha. Aos cinco minutos do inicio, Soria atrapou un disparo de Brais Méndez. A continuación Maksomovic probou a porta celeste, pero deteu Dituro. Hugo Mallo e Nolito tamén estiveron bastante activos en ataque. O andaluz tivo a ocasión máis destacada dos vigueses nun man a man co porteiro azulón. Antes de finalizar estes primeiros 45 minutos, Sandro realizou un bo lanzamento que salvou Murillo.

O Celta volveu do descanso con enerxía. Aspas tivo unha boa ocasión de marcar pouco despois do reinicio. Con todo, nun saque de esquina provocado por esa xogada Santi Mina conseguiu abrir a lata para ledicia de todo o celtismo e máis aínda dos que estaban no Coliseum. Menos de cinco minutos despois chegou o segundo para os vigueses. Cando o balón non quería entrar non entraba, pero cando o fixo foi en pouco tempo. Aspas marcou asistido por Brais Méndez. Na metade do segundo tempo o Getafe quedou cun menos pola expulsión de Djene. No 72 chegou o segundo tanto de Mina na noite, o terceiro na conta celeste. Galhardo, recén entrado ao campo, asistiu a Mina no gol. Outra boa nova do encontro foi o debut en primeira do xuvenil Hugo Álvarez.

O equipo precisaba un partido así. Para recompoñerse e volver crer neles mesmos. Hai confianza para saír dos postos baixos. A calidade deste plantel está latente. Só hai que seguir loitando.

highlight_image