Uxía Pérez e Pablo Bocelo, coroanse en Ames

0
 

Uxía Pérez do Playas de Castellón cun rexistro de 17:42 e Pablo Bocelo do Coruña Comarca con 14:57, proclamáronse no día de onte Campións de Galicia absolutos dos 5 km. ruta na edición que se levou a cabo na parroquia de Bertamiráns pertencente ao Concello de Ames. Xunto eles estarían ocupando postos de medella Tina Fernández do Atletismo Sar e Sandra Mosquera do Comesaña na categoría femenina, así como Anxo Castro do A.C. Cerne e Simón Ganzález do Ría de Foz na masculina.

O campionato que se desenvolvía cunha gran presenza de atletas chegados de todos os recunchos da nosa xeografía, disputouse con saídas escalonadas de dez atletas a intervalos de medio minuto baixo una boa organización. No apartado de resultados, compre salientar os récords galegos acadados por Hugo Souto na categoría Sub20; Tina Fernández na F35; Domingo Alvarez M70 e Angeles Ripoll na F60

Campións galegos 2021

  • Absolutos/as. Uxía Pérez (Playas de Castellón) e Pablo Bocelo (Coruña Comarca)
  • Sub18. Carolina Santos (Ría Ferrol) e Antón Martínez (A.Lucense)
  • Sub20. Paula de la Torre (S.Gimnástica) e Hugo García (R.C.Celta)
  • Sub23. María Cedrón (A Gándara) e Abdessamad Ait (Coruña Comarca)
  • Máster35. Tina Fernández (At.Sar) e Alvaro Presedo (Marineda)
  • Máster40. Elena Ledo (ADAS Proinor) e Rubén Diz (Ourense Atl.)
  • Máster45. Marta Valín (Verxel Nutrición) e Abel Barros (Atl.+9 Moraña)
  • Máster50. Inés Papín (At.Sada) e Juan Carlos Sande (Vet.Samil)
  • Máster55. Sole Castro (Comesaña S.C.) e José Carlos Pereira (At.Boimorto)
  • Máster60. Angeles Ripoll (C.A.Sada) e Manuel Suárez (Vet. Samil)
  • Máster65. Begoña de Arriba (Egovarros) Javier Toro (Verxel Nutr.)
  • Máster70. Domingo Álvarez (Egovarros)
  • Máster75. Manuel Millara (Comesaña S.C.)