FICHA TÉCNICA

RC Celta 2-0 Levante UD

Aliñación RC Celta: Iván Villar, Kevin, Aidoo, Murillo, José Fontán, Tapia, Denis Suárez, Brais Méndez, Nolito, Iago Aspas e Santi Mina.

Aliñación Levante UD: Cardenas, Duarte, Pier, Vezo, Clerc, Postigo, Cantero, Bardhi, De Frutos, Melero e Roger.

Goles: 1-0, min. 50 (Brais Méndez). 2-0, min. 73 (Augusto Solari).

Árbitro: Jaime Latre

Campo: Estadio Municipal de Balaídos

ANÁLISE

O Celta conseguiu outra importante vitoria que certifica case de forma matemática a permanencia. Con todo, o partido estivo marcado polas lesións de tres homes importantes: Tapia, Aspas e Murillo. No segundo tempo, Brais Méndez e Solari firmaron os tres puntos con sendos goles.

No primeiro tempo, o Levante tivo unha ocasión destacada por medio de Clerc e outra de Roger a raíz dun erro de Murillo. Aínda así, o Celta tamén tivo as súas con Iago Aspas e Nolito. Minutos despois Renato Tapia mancouse e entrou Fran Beltrán no seu lugar. Antes do descanso, o colexiado sinalou un penalti a Santi Mina, pero o VAR decretou que estaba en fóra de xogo e a pena máxima quedou sen efecto.

Na segunda metade chegaron os goles. Cinco minutos despois da reanudación Iago Aspas combinou con Brais Méndez para que o de Mos anotara o primeiro gol da noite. Porén a continuación o Celta sufriu e o Levante estivo a piques de marcar. Para máis, Iago Aspas foi retirado do terreo de xogo por precaución. Aínda que no último treito do encontro apareceu unha gran asistencia de Aarón Martín a Augusto Solari que marcou o 2-0 e o seu primeiro tanto coa celeste. Pouco antes de rematar, Murillo saiu lesionado e os vigueses tiveron que xigar con 10 porque os cambios xa estaban agotados.

Boa vitoria para seguir consolidándose nos postos medios-altos da táboa. Dependendo de como se dean os resultados dos rivais nesta xornada pode chegar a salvación matemática. O vindeiro encontro será o domingo 9 de maio ante o Vilarreal. Boas sensacións antes dunha fin de semana importante para a canteira celeste e o Celta B. A seguir soñando.

highlight_image

Fotografía: LaLiga Santander