Un solvente Ribadeo vence ao As Pontes nun encontro entre aspirantes

0

O Ribadeo suma tres importantes puntos ante un rival directo, que chegaba en racha ao Pepe Barrera

Ficha Técnica
RIBADEO F.C.: Hugo, Rafa, Juanma, Pablo Rivas, Marcos Peña, Iván, Tichu (81′ Miguel), Santi (88′ Martín), Poratti, David Rodríguez (59′ Jacob) e Criss (66′ Luki). C.D. AS PONTES: Paco, Sergio Criado, Rober (66′ Álex Cabarcos), Rego, Dani, Adrián Martínez, Pablo Ramos, Bossa, Eloy, Adrián Iglesias (83′ Carba) e Rubén Pardo (68′ Quique).

GOLES: (1-0) 14′ Criss. (2-0) 92′ Luki.

ÁRBITRO: Édgar Soto Eiroa (Colexio de A Coruña), asistido nas bandas por Gonzalo Belmonte Martell e Daniel Naya Rey. Amonestou aos locales Criss (47′), Juanma (63′) e Jacob (79′).

INCIDENCIAS: Partido disputado no estadio Pepe Barrera de Ribadeo ante 150 espectadores. Céspede en mal estado logo das intensas choivas da última semana.

Partido de galóns o disputado nun Pepe Barrera que sufre especialmente as inclemencias meteorolóxicas. O céspede aguantou en condicións escasos minutos tras una semana de intensa choiva, e ámbolos equipos tiveron que adaptalo seu estilo de xogo. Ribadeo e As Pontes, especialmente estes últimos, son equipos chamados a ocupalos postos de privilexio na Preferente Norte.

Os pupilos de Marcos Roca viñan de gañar catros dos últimos cinco encontros, cedendo tan só un empate no campo do ata agora intratable líder, o Paiosaco. Malia que comezaron dubitativos lonxe do seu campo, nos últimos encontros os resultados trocaron e convertéronse nun rival temible pra calquer equipo da categoría.

O Ribadeo foi consciente da entidade do rival e saiu coa intención de marcalo seu territorio o máis axiña posible. Aínda non se cumprira o primeiro minuto de xogo e xa puido adiantarse por medio de David Rodríguez, pero o guardameta Paco estivo moi acertado pra desvialo tiro cruzado do xogador de Fazouro. No minuto 4, outra gran ocasión pra os locais, por medio de Rafa, pero o seu tiro desde dentro da área marchou alto por pouco. As Pontes non eran quen de frear as acometidas rivais, tanto que aos poucos minutos, Criss plantouse só ante o porteiro pero o ferrolán, moi hábil desbaratou a ocasión.

Á cuarta foi a vencida. Moi preto do cuarto de hora de xogo, una gran xogada combinativa entre Criss e Rafa, rematou co tiro deste último que foi desviado por Paco, pero o rexeite recolleuno Criss que foi quen de empurrar o balón ao fondo da portería.

O dominio ribadense era absoluto no primeiros 20 minutos de encontro. Os de Fiz Rodríguez non daban opción a un rival que non eran quen de atoparse no partido. Poratti, a pase de David Rodríguez puido aumentalas diferencias, pero o seu disparo saiu lambendo o pao.

O primeiro achegamento do C.D. As Pontes á área do Ribadeo foi moi preto da media hora de xogo. Bossa cun potente tiro desde fóra da área puxo a proba a Hugo, que respondeu con seguridade.

Os ponteses pediron penalti na primeira metade por empuxón de Iván a Eloy, pero o colexiado non o sinalou, ao igual que outras dúas accións na segunda metade moi protestadas polo Ribadeo, primeiro Criss reclamou un agarrón e logo Poratti caeu na área, sendo esta a máis clara das tres accións polémicas. En ninguna delas, o árbitro Édgar Soto viu nada punible. A última oportunidade da primeira parte foi pra Santi, a pase de Tichu, pero o tiro non atopou portería.

A segunda metade comezou dunha maneira moi diferente a como o fixo a primeira. As Pontes tentou buscalo empate, e aos dous minutos da reanudación, Rubén Pardo tras unha gran galopada, cedeu a Eloy que probou os reflexos de Hugo. Os visitantes tentaron a igualada tamén por medio do recén incorporado Álex Cabarcos que tras a súa entrada deulle outro aire á banda esquerda. A súa volea que saiu fóra por moi pouco.

O Ribadeo amosou unha gran solidez defensiva, o que ata o de agora viña sendo un dos puntos febles do equipo. A presencia de Marcos Peña apórtalle aos mariñáns moita seguridade na retagarda, e non concederon máis ocasións de gol. No último tramo de encontro, os trocos ponteses déronlle ao equipo máis profundidade pero non puxeron en apuros ao conxunto local.

O Ribadeo, aproveitando os espazos xerados polo paso adiante que deron os de Marcos Roca, puido ampliar a diferencia por medio de Tichu, que conectou un tiro desde a frontal que saiu desviado. O propio Tichu, cun gran pase, deixou a Rafa nunha posición inmellorable de remate, pero o de Friol cruzou demasiado o esférico.

Xa co tempo cumprido, un contragolpe moi ben levado por Martín, remata co gol que sentenciou o encontro. Luki aproveitou o balón servido polo seu compañeiro pra superar por baixo ao meta Paco.

Con este resultado, o Ribadeo sitúase de novo moi preto da promoción de ascenso, posto que ocupa o C.D. As Pontes. Os mariñans visitarán o próximo sábado o campo do San Tirso pra disputalo encontro aplazado a causa do temporal do domingo. Pola súa banda, As Pontes xa non xogarán ata pasadas as festas de Nadal, cando recibirán no Poboado ao Arzúa.