Un Ribadeo en inferioridade acada un meritorio punto ante o Polvorín

0

Ficha Técnica
RIBADEO FC: Hugo, Dani Prieto, Yoel (74′ David Rodríguez), Martín, Juanma, Jacob (64′ Iván), Santi (74′ Pablo Rivas), Rafa, Vicente, Poratti e Luki (64′ Miguel)

POLVORÍN SD: Javi Liz, Asier, Pablo Rey, Mariña, Pedro, Álvaro, Coqui (57′ Manu Morais), Óscar Rivas (41′ Núñez), Cuadrado (76′ Dani Renda), Javi Rey e Escriche (85′ Denis).

GOLES: (0-1) 15′ Cuadrado. (1-1) 80′ Pablo Rivas

ÁRBITRO: Eduardo Rivera Gores (Colexio Vigués), asistido por Juan Luis Davila Fernández e David Veloso Prado. Amonestou ós locales Santi (14′), Martín (51′), Poratti (78′) e expulsou con vermello directo a Juanma (14′), e ós visitantes Óscar Rivas (40′) e Manu Morais (78′).

INCIDENCIAS: Partido disputado no estadio Pepe Barrera de Ribadeo ante 200 espectadores.

Ribadeo e Polvorín disputaron hoxe no Pepe Barrera un derbi lucense entre equipos chamados a ocupar postos de privilexio na táboa clasificatoria, moi especialmente o filial do CD Lugo, que conta nas súas filas con futbolistas da talla de Pedro ou Escriche, que xa disputaron minutos na Segunda División. Polo tanto, os pupilos de José Durán, co ascenso como obriga, son claros favoritos ante calquer rival da categoría, mentras que o equipo mariñán buscaba tres puntos que os redimise da súa última derrota como local ante o Outeiro de Rei.

Co obxectivo de esquecer os incidentes acontecidos nos dous encontros da pasada campaña, o encontro comezou co Polvorín levando a iniciativa do xogo e chegando con certo perigo á área local, con Escriche e Coqui como homes máis incisivos. Pero a polémica non tardou en chegar. No minuto 15, o colexiado sinala a pena máxima por man de Juanma dentro da área, e envía ó vestiario ó xogador da Pastoriza. Esta acción foi moi protestada polo Ribadeo ó considerar a expulsión un castigo excesivo. O ariete lucense Cuadrado non erra desde os once metros e adianta ó Polvorín no marcador.

Con 75 minutos por diante e cun home menos o Ribadeo adicouse a conter as acometidas do seu rival, amosando unha gran seriedade defensiva. Providencial se amosou o guardameta Hugo, salvado dous man a man ante Cuadrado e Escriche respectivamente.

O Polvorín, na segunda metade saiu co obxectivo de facer o segundo gol e matar o encontro, pero non foi capaz. O acerto defensivo dos de Fiz Rodríguez foi clave para que o Ribadeo chegase ós minutos finais con posibilidades de acadar o empate. Éste puido chegar por medio de Mauro Poratti, pero o seu disparo foi detivo  polo ex ribadense Javi Liz.

A falta de dez minutos para o remate do partido, nun saque de córner favorable ó Ribadeo, o balón chégalle a Pablo Rivas, que remata con acerto ó fondo das mallas, acadando o empate.

Un punto de mérito para o cadro mariñán ante un Polvorín que iguala a puntos na primeira praza co Paiosaco, aínda que éste non disputou aínda o seu encontro ante o Dubra. Na vindeira xornada o Ribadeo visita o campo da Cheda para medirse co Residencia, mentras que o Polvorín recibe no Ceao ó Arzúa.