Un punto máis, pero sen chispa | Cádiz 0-0 Celta

0

FICHA TÉCNICA

Cádiz CF 0-0 RC Celta

Aliñación Cádiz CF: Ledesma, Alcaraz, Salvi Sánchez, Lozano, Idrissi, Alarcón, Akapo, Negredo, Espino, Luis Hernández e Chust.

Aliñación RC Celta: Dituro, Hugo Mallo, Aidoo, Araújo, Javi Galán, Fran Beltrán, Brais Méndez, Denis Suárez, Cervi, Iago Aspas e Santi Mina.

Árbitro: Mateu Lahoz

Campo: Estadio Nuevo Mirandilla

ANÁLISE

Cádiz e Celta empataron a cero nun aburrido partido no mediodía gaditano. Os celestes só lanzaron unha vez a porta e fallaron un penalti. Na segunda metade os locais tiveron claras ocasións de gol que salvou Dituro.

No primeiro tempo do encontro, os celestes gozaron da posesión do balón. Porén, non houbo moitas ocasións de gol destacables. Tanto Alcaraz como Denis Suárez tentaron o gol con sendos disparos de falta para ambos equipos, pero sen perigos para as defensas. Negredo ou o Choco Lozano tiveron algunhas oportunidades para marcar. O Cádiz agardaba o erro do Celta, pero os vigueses non eran quen de desenvolver o seu estilo de xogo habitual.

highlight_image
Fotografía: LaLiga Santander

No comezo do segundo tempo, o Cádiz entrou con enerxía e dispuxo de varias ocasións de gol consecutivas de Idrissi ou Lozano. Neste último, Matías Dituro tivo que esmerarse para deter o lanzamento. Nesta segunda metade entraron ao terreo de xogo Augusto Solari (por Franco Cervi), Renato Tapia (por Denis Suárez) e Thiago Galhardo (por Iago Aspas). No treito final, Mateu Lahoz sinalou penalti a favor do Celta tras unha caída de Santi Mina na área nunha acción con Ledesma. Foi discutido, pero o colexiado non o revisou. Con todo, Ledesma conseguiu deter o lanzamento de Mina. No engadido, Dituro tivo que volver esforzarse para evitar o gol do Cádiz.

O mellor do partido sen dúbida é o punto acadado. O Celta colócase noveno con 31 puntos á espera dos resultados dos rivais. Europa está a catro puntos. Queda liga aínda e o equipo ten que seguir dándoo todo ata o último minuto.