Nota de prensa de la Federación Gallega de Taekwondo

Oito bronces e un ouro galegos na primeira xornada do Campionato de Europa de Técnica e Freestyle, que se está a celebrar en Antalya (Turquía).

Magnífico debut das e dos nosos deportistas en Turquía cunha choiva de medallas. Hoxe celebrouse a proba de parella cadete e con magníficos resultados para os galegos participantes. Alex Fernández (Escola Lucense) competía xunto a Carolina Escolar (Madrid) e lograron a medalla de ouro, mentres que a parella galega formada por Dani Areán e Laura Álvarez (Neka) foron bronce.

Ademais, o trío júnior formado por por Manu Paz, Álvaro Portela e Gabriele Santomé (Hebe) acadaron a medalla de bronce. En sénior 1 os nosos representantes (tanto da categoría masculina como feminina) lograron subirse ao podio. Así as preseas de bronce foron para Raquel Guillén (Tao) e Alejandro Losada Rodríguez (Neka). Pechamos a participación galega en técnica, co bronce de Sonia Pérez (Hebe) en máster 1.

En freestyle tamén houbo recompensa para os nosos deportistas. En  freestyle individual  + de 18 anos Eirim Vaamonde (Yidam-CEIP Balaídos) e Celia García (Tao) lograron sendos bronces, mentres que en parella freestyle -17, Manuel Paz e Bárbara Di Martino (Hebe) tamén conseguiron outro terceiro posto no podio.

Mañá continúa o Europeo con máis galegos en acción. En técnica haberá competición con presenza galega en parella júnior, trío cadete masculino e trío 1 feminino, mentres que en freestyle teremos actividade en individual – 17 anos; en parella +18 e en quintetos.