FICHA TÉCNICA
RC Celta 1-1 Levante UD
Aliñación RC Celta: Matías Dituro, Javi Galán, Néstor Araújo, Joseph Aidoo, Hugo Mallo, Fran Beltrán, Brais Méndez, Denis Suárez, Franco Cervi, Iago Aspas e Santi Mina
Aliñación Levante UD: Cárdenas, Son, Róber Pier, Duarte, Cáceres, Pepelu, Bardhi, Morales, Miramón, Dani Gómez e Melero.
Goles: 1-0, min. 67 (Franco Cervi). 1-1, min. 82 (Roger).
Árbitro: Pizarro Gómez
Asistencia: 9.9776 espectadores
Campo: Estadio Municipal de Balaídos
ANÁLISE
O Celta conseguiu un punto ante o Levante que sabe a pouco. Chegou a estar por diante co gol de Cervi, pero poucos minutos despois o Levante empatou por medio de Roger e o marcador xa non se moveu.
Os xogadores celestes comezaron o partido con intensidade mandando varios centros á area do Levante na busca dalgunha ocasión de gol. Con todo, a ocasión máis clara foi a de Dani Gómez, que estivo a piques de marcar o 0-1 a porta baleira. Nos minutos sucesivos Iago Aspas, Santi Mina ou Javi Galán tentaron aproximarse a campo contrario, pero non houbo oportunidades claras para o Celta.

No segundo tempo, os granotas comezaron con enerxía para tratar de anotar un gol necesario na súa pelexa pola salvación. Aspas tivo a ocasión de rematar de tacón, pero non acertou. Nesta segunda metade prodúxose o debut co Celta de Orbelín Pineda. O mexicano tivo algunha que outra ocasión e estivo activo nos seus primeiros minutos. No 67, Franco Cervi anotou o primeiro gol da tarde tras un gran pase de Javi Galán. Porén, no 82 Roger puxo o empate nun bo lanzamento lateral. No treito final Orbelín tivo unha gran ocasión para poñer por diante de novo aos celestes, pero Cárdenas mandou a bóla a córner.
Este partido era unha boa ocasión de encangacharse aos postos europeos, pero era coñecido que ía ser un encontro complicado ante un Levante que está a xogarse a permanencia. Agora Europa está a seis puntos. Aínda queda moito polo que loitar. O sábado os nosos viaxan a Madrid para enfrontarse ao Atlético, un gran rival en horas baixas.