UN DESDIBUXADO RIBADEO CEDE NO DESCONTO ANTE O OUTEIRO DE REI

0

Ficha Técnica
RIBADEO FC: Iván Parapar, Dani Prieto, Juanma (78′ Isma (88′ Cube)), Martín, Yoel, Iván (63′ Iván), Santi, Rafa, Poratti, David Rodríguez e Luki (71′ Aitor).

SD OUTEIRO DE REI: Charlie, Jony (74′ Pereira), Trigo, Diego López, Aarón (58′ Xoel), Álex, David, Chusiño (63′ Román), Kike, Samuel (49′ Vizoso) e Muñiz.

GOLES: (0-1) 92′ Pereira.

ÁRBITRO: Alberto Martínez Míguez (Colexio Compostelán), asistido por Rubén Rodríguez Vaamonde e Carlos Villaverde Mogo. Amonestou ós locales Iván (35′), David Rodríguez (35′), Poratti (62′), Iván Parapar (66′ e 91′) e ós visitantes Diego López (18′), Chusiño (44′), Kike (79′) e Muñiz (89′). No minuto 80, a instancias do asistente expulsou ó adestrador local Fiz Rodríguez con tarxeta vermella directa.

INCIDENCIAS: Encontro disputado no estadio Pepe Barrra. 250 espectadores.

Ribadeo e Outeiro de Rei chegaban coa moral polas nubes. Os mariñáns logo de dous triunfos consecutivos, parecían esquecer o mal arranque ligueiro e xa podían centrarse en obxectivos máis ambiciosos, mentras que o seu rival viña de inauguralo casilleiro de puntos logo dun gran triunfo ante o Viveiro, refrendando así a boa imaxe amosada nos primeiros partidos.

O encontro de hoxe non seguiu o guión previsto. O Ribadeo non se atopou cómodo en ningún momento do partido, froito da intensidade e presión do seu rival que non facilitou o habitual xogo fluido do equipo local. De feito, o Outeiro de Rei comezou dominando o encontro e chegando con perigo á porta defendida por Iván Parapar. David puido adiantar ós de Xoán Peón logo dunha perda de balón de Iván en medio campo, pero o seu tiro saiu lixeiramente desviado.

Do Ribadeo en ataque non houbo noticias ata o minuto 22 cando un córner sacado de xeito preciso por Rafa Casanova foi rematado de cabeza por Poratti, obrigando a Charlie a deter providencialmente. Na seguinte xogada, un novo pase do de Friol foi rematado por David Rodríguez, detendo novamente o porteiro visitante.

O Outeiro de Rei, moi ordenado na súa parcela defensiva, non renunciou a buscalo gol. Primeiro Aarón e posteriormente Diego López puxeron a proba a Iván Parapar con sendos remates desde a frontal da área. Xa a piques de chegar ó descanso, tras una falta lateral, Poratti cun testarazo preciso a piques estivo de adiantar ós de Fiz Rodríguez.

A segunda metade comezou dun xeito moi semellante a como rematou a primeira. O Ribadeo, con presas por marcar, amosouse moi impreciso no pase, mentres que o Outeiro de Rei seguiu abafando coa presión ó rival. Unha das mellores ocasións para os locales chegou logo dunha gran xogada de Dani Prieto por banda dereita que tras gañar a liña de fondo cedeu atrás, pero o remate de Iván atopouse cunha gran parada de Charlie.

O derroche físico do Outeiro fixo que non chegasen con claridade á área rival. A mellor ocasión foi no minuto 65, cando Diego López lanzou unha falta de xeito maxistral, pero Parapar detivo o balón cunha gran estirada. Xa preto do final, Santi tivo a ocasión de logralos tres puntos para o Ribadeo cun tiro desde fóra da área que saiu rozando o longueiro.

Cando xa se albiscaba o final con reparto de puntos, un erro en defensa do Ribadeo facilita a recuperación do balón en tres cuartos de campo do Outeiro de Rei. Diego López mete un gran pase para Pereira, que bate por baixo a Parapar.

Tres puntos de ouro para o Outeiro de Rei, mentres que o Ribadeo ve truncada a súa racha de resultados e mira a certa distancia os postos de privilexio.