Un autogol condena ó Pabellón CF ante o Val Miñor

0
Foto: Carlos Domarco

 

Un solitario tanto en propia porta do Pabelóln CF na primeira parte condenounos á derrota (1-0) ante o Val Miñor no campo de Condomínguez na última xornada da primeira volta no grupo 1A da División de Honra Xuvenil.

Ficha técnica

E.D. Val Miñor (1): Samu, Andrés (Insua, m.89), Martín, Carlos, Raúl, Iker, Jony (Mario, m.54), Noel, Jorge (Dani, m.89), Aitor (Costa, m.71) e Rubén (Aarón, m.54).

Pabellón CF (0): Alberto, Martínez, Yago, Coello, Víctor (Juan, m.58), Aarón (Mael, m.68), Parrilla (Esteban, m.21) (Iker Baltar, m.46), José Ramón, Osián (Marco, m.68), José e Iker.

Goles: 1-0, m.21: Alberto, en propia meta.

Árbitro: Elena Casal Fernández, do Colexio de Vigo.

Incidencias: Partido correspondente á novena xornada de liga no Grupo 1A da División de Honra Xuvenil disputado no Campo de Condominguez.

O Pabellón CF non puido sumar nada positivo na derradeira xornada da primeira volta despois de caer pola mínima no campo da ED Val Miñor. Os de Nigrán conseguirían o tanto da vitoria preto do ecuador da primeira metade nunha acción na que Alberto, no seu intento de desviar un balón por riba do longueiro, acabaría introducíndoo na súa portería.

O partido non foi vistoso e non houbo claridade nin no xogo nin en ocasións de gol. Na primeira parte houbo moita disputa pero sen ocasións de perigo. Na segunda metade os de Cándido Gómez buscaron a igualada pero as presas e a brusquedade do rival impedírono.

Os pabellonistas estaban moi disgustados ao interpretar que a colexiada non sinalou dúas penas máximas en accións sobre Osián e José Ramón e tampouco cortou o xogo algo máis alá do límite da escuadra local. Con esta derrota os de Cándido Gómez pechan a primeira volta con 10 puntos e na seguinte cita que abre a segunda volta, visitan na Coruña ao Ural CF.

A xornada

Os marcadores da novena xornada foron os seguintes:

  • RC Deportivo    5-0     Ural CF
  • Racing Ferrol    0-4     CD Lugo
  • RC Celta            7-0     CD Conxo Santiago
  • CD Choco          1-1    CD Calasanz