UD Ourense e Cidade de As Burgas camiñan da man cun convenio de futuro

Convenio entre Ourense e Cidade das Burgas para que Sonia Pacios, María Arias, Clara Fernández e Nahir Oliveira xoguen a Copa Galicia co conxunto vermello. Ambos clubes foron sempre da man e colaborarán  conxuntamente de cara a vindeiras tempadas, buscando mellorar o fútbol e fútbol sala feminino da cidade.

0

 

O Couto foi a sede dunha rolda de prensa conxunta entre UD Ourense e Cidade das Burgas. Un acto no que participaron Modesto García, presidente da UD Ourense, Camilo Saeta, presidente do Cidade das Burgas, Manolo Codeso, técnico do Cidade e Rubén García, adestrador do Ourense. Ademáis das xogadoras Sonia Pacios, Nahir Oliveira, María Arias e Clara Fernández, que xogarán a Copa Galicia co conxunto vermello.

«Somos dous clubes que confiamos na xente da casa, que estamos a traballar duramente nas nosas canteiras e que temos unha filosofía moi similar e sempre fomos da man dende o noso nacemento, cando eles nos acolleron maravillosamente», sinalou Modesto. O presidente do Ourense apuntou tamén que «vamos a buscar acordos para a vindeira tempada. Compartimos as mesmas premisas, obxetivos e a mesma filosofía, que é chegar canto máis arriba, pero gardando as premisas que temos nos nosos clubes».

Coas xogadoras presentes, Modesto sinalou que «a foto vai ser moi chamativa mañá e moi ilusionante para os nosos afeccionados, tanto de Cidade das Burgas coma de Ourense. Temos a estas catro xogadoras hoxe aquí que van a xogar coa UD Ourense o que resta de tempada».

Camilo Saeta aproveitou para destacar que «vai ser algo interesante, algo bonito. Esperemos que todo funcione ben e vai ser algo importante o acordo entre os noso clubes».

Manolo Codeso e Rubén García, os técnicos que xa levan traballando conxuntamente nestas ideas durante algún tempo. O técnico do Cidade das Burgas recalcou a oportunidade que pode ser para as máis pequenas. «Trátase dun proxecto que vimos traballando dende fai anos. Un proxecto de futuro, que vamos a aproveitar os dous clubes. Ímoslle dar as xogadoras da base a oportunidade de que poidan elixir entre fútbol e fútbol sala. Nuns meses farémolo oficial e o primeiro paso é que estas 4 xogadoras desfruten agora da modalidade de fútbol».

Rubén García interviu para apuntar que «aquí en Ourense cada un vai polo seu lado e non se pensa en conxunto. Chegamos a conclusión que temos que ir da man, para darlle as nenas da base a oportunidade de facer deporte e para mellorar o deporte feminino nesta cidade, que ten que seguir crecendo».

As xogadoras foron unánimes o sinalar a ilusión que lles fai. «Creo que hai que ir todos xuntos e que o proxecto vai ter un futuro bonito. Ágora a cambiar o chip e a facer algo ilusionante», apuntou Sonia Pacios. «Eu estou moi ilusionada porque xa xoguei o fútbol e quero disfrutar de elo esta tempada, pasalo ben e axudar», destacou Clara Fernández. Algo que tamén comentaba María Arias. «Estou moi ilusionada. Creo que necesitamos cambiar un pouco chip e poder desfrutar dos partidos de Copa ca UD Ourense, xa que tamén nos gusta poder vestir esta camiseta». «Cambiamos de chip totalmente e queremos divertirnos», finalizou Nahir Oliveira.