UD Ourense 4 –2 Sárdoma B || As ourensanistas remontan logo dunha gran segunda parte

Comezo da segunda volta con victoria para as ourensanistas logo dun vibrante encontro.

0

Ficha Técnica
UD Ourense: Noe, Maria, Feijoo (Andrea 65’), Lo, Pacy, Sofia (Dana 68’), Cris, Laura, Aida (Jani 46’), Nerea, Zaira (Noa 82’).

Sárdoma B: Sarai, Jimena (Paula Alvarez 67’), Rita, Sara (Sara Alvarez 66’), Sandra, Lola, Paula,Natalia, Iria, Maria, Noelia

Goles: 0-1 Noelia min 31, 1-1 Maria min 56, 1-2 Sandra min 63, 2-2 Jani min 75, 3-2 Laura min 76, 4-2 Cris min 90.

Árbitro: Jose Ramón Jardón. Cartón amarelo a Sarai (67’) nas visitantes.

Incidencias: partido correspondente a 16ª xornada da Liga de 1ª Division Feminina disputada no campo Miguel Angel – Os Remedios

Non se atoparon comodas no terreo de xogo as locais na primeira metade, nen en ataque, no que as aproximacions foron escasas, nen sen balon, xa que cederon demasiado espazo as visitantes, que se atoparon moi comodas co balon. Non houbo moitas ocasions de gol neste periodo, case todo tiros lonxanos das visitantes que non crearon moitos problemas a Noe. O 0-1 chegaria nunha xogada a balon parado que non defenderon ben as locais.

Na segunda metade trocou a decoracion do encontro. As locais deron un paso ao fronte e o goteo de ocasión foi constante. Na primeira xogada deste periodo, Jani, recen incorporada ao encontro, rematou ao pao logo dunha boa xogada. Houbo duas novas ocasión de Cris e Laura que se toparon coa porteira visitante.

Cando parecia que o gol local ia chegar produciuse unha xogada que puido trocar o rumbo do encontro, penalti a favor das visitantes na primeira aproximacion por campo contrario, sen embargo o coiro foise fora. Ao pouco chegou o tanto do empate nun saque dende o curruncho que fai Cris, toca Pacy e Maria moi atenta remata a rede. Coas locais volcadas e tras unha nova ocasión de Jani, nunha accion a balon parado chegou o 1-2 das visitantes. Era o minuto 63.

Non se viñero abaixo as locais e Dana, no primeiro balon que tocou tras entrar ao campo, regateou a 5 rivais e o seu remate de vaselina petou no longueiro e no pao. O empate faciase de rogar, pero chegou no minuto 75 na mellor xogada do cadro local. Balon que recupera Pacy, pasa a Cris, esta pasa a Nerea que realiza un gran pase entre as centrais que deixa a Jani soa ante a porteira e non perdoa.

Tralo saque de centro presion local, balon que recibe Jani en banda, vaise de duas defensoras e o seu pase atrás tras un rexeite a tiro de Zaira cae lle a Laura que fai o 3-2. Seguiron apretando as locais na busca do gol da tranquilidade, pero a falta de punteria evitouno. Teria que ser no desconto cando unha nova boa xogada local chegou a Maria na banda dereita, que fixo un pase atrás a frontal onde apareceu Cris para rematar ao primeiro toque e facer un moi bo gol.

Gran segunda metade. O vindeiro domingo toca visitar ao Tordoia as 18 horas. Campo peculiar e moi dificil.