UD Ourense 4-1 Portonovo || As rapazas de Rubén García con pé e medio nas semifinais

0

 

[alert type=»danger»]

UD Ourense: Noe, María, Pacy, Lo, Jani, Moni, Dana, Hele (Feijóo 72′), Palo (Aída 58′), Laura (Andrea 88′), Cris (Zaira 85′).

SD Portonovo: Beli, Cristina Rodríguez (Yamilet 66′), Raiane, Cristina Maquieira, Carla, Lidia, Laura, Rebeca, Ilenia, Carlota, Nerea.

Goles: 1-0 Laura min 25, 2-0 Hele min 44, 3-0 Hele min 64, 4-0 Laura min 85, 4-1 Lidia min 93.

Árbitro: Rubén Pérez Martínez. Cartóns amarelos as visitantes Nerea (26′), Beli (85′) e Carlota (88′).

Incidencias: partido correspondente a ida dos 1/4 de final da Copa Feminina 1ª División disputada no campo do Monte da Aira (Velle).

[/alert]

 

Comezou o partido coas ourensanistas mandando e presionando ao Portonovo cun ritmo alto de xogo. As visitantes neste primeiro periodo non chegaron ao área local. A primeira ocasión tivoa Hele aos 5 minutos de partido ao recibir un pase de Cris, pero o seu remate foise un pouco por riba do longueiro. Tivo Palo dous tiros dende a frontal que se foron desviados e Dana, tras unha boa xogada individual, rematou fora por un chisco.

O 1-0 sería obra de Laura dende dentro do área tras un pase de Hele entre as centrais. Subiron aínda máis o ritmo as locais, e so a falta de puntería fixo que non se levaran mais renda ao descanso. Laura en catro ocasións, Cris e Palo gozaron de boas oportunidades para aumentar o marcador. Sería Hele, no minuto 45 a que faría o 2-0 nun man a man coa porteira.

 

A segunda metade seguiu o camiño da primeira. Goteo de ocasións das locais e sensación de partido dominado. Palo a piques estivo de marcar en duas ocasions ao comezo do segundo tempo. Asi chegou o golazo da tarde. Hele recibe un balón fora do área, fai un autopase por riba da defensa, golpea coa dereita sen deixar caer o balón e marca pola escadra. Era o minuto 65. Ao pouco retirouse sustituida levando unha ovación da bancada. Baixaron o ritmo as locais e comezou a estirarse o Portonovo na busca dun gol que as metera na eliminatoria.

No minuto 81, nunha perda de balon local en mediocampo, dispuxeron dun disparo lonxano de enviou Noe a córner. Pouco despois fixo Laura o 4-0 tras un pase de Feijóo, que resolveu cun tiro dende a frontal que petou na base do poste. Sen embargo no tempo de desconto do partido un centro lateral do Portonovo e despexado pola defensa e Lidia agarra un disparo dende a frontal ante o que nada pode facer Noe. Foi o 4-1 que deixa mais aberta a eliminatoria.

 

Victoria que permite ir con vantaxe ao partido de volta, que se disputara o vindeiro domingo en Portonovo.

Foto: Yedra Seara