UD Ourense 4–1 O Val || Terceira victoria consecutiva da UD Ourense

0

 

[alert type=»danger»]

UD Ourense: Noelia, María, Andrea (Ches 54′), Pacy (Aldara 71′), Lo , Moni, Dana, Aída (Cae 68′), Laura (Zaira 58′), Hele, Cris (Jani 61′).

O Val: Vanesa, Ariadna, Ángela, Diana, Laura, Andrea, Natalia, Alba (Eva 62′), Carolina, Sara, Alicia.

Goles: 1-0 Moni min 8, 1-1 Natalia min 13, 2-1 Laura min 36, 3-1 Cris min 39, 4-1 Lo min 50.

Árbitro: Jonathan Diéguez Novoa. Carton amarelo nas visitantes a Natalia (70′).

Incidencias: partido correspondente a 21ª xornada da 1ª División Feminina disputada no campo do Monte da Aira (Velle)

[/alert]

 

Eran conscientes as locais do que se xogaban e dende o principio saíron a polo Val, que se presentou sen Noemi, a pichichi da competicion, sancionada. Tras un par de achegamentos ao área visitante, no segundo saque de esquina do partido chegou o primeiro, obra de Moni de cabeza. O partido parecía encauzado, pero un erro na saída do balón remataba nunha xogadora visitante que rematou de primeiras e conseguiu o empate. Era o minuto 13 e todo voltaba a estar como ao comezo.

O empate so fixo que as locais acrecentaran o seu dominio e cada vez se achegaran máis pola meta visitante, pero sen éxito no remate. Os mellores miuntos locais foron os derradeiros vinte e, froito dese xogo, chegaron dous tantos case seguidos, o primeiro de Laura no 36 cun tiro dende o borde da área e o 3-1 obra de Cris logo dunha xogada que comezou en Noe e rematou cunha gran xogada e centro de Aida pola dereita que rematou Cris.

 

A segunda metade comezou co dominio local e nun novo corner estreouse Lo como goleadora cun forte disparo dende a frontal. O partido baixou de ritmo e as aproximacións polas áreas reducíronse. Nas locais destacar un tiro dende fora da area de Zaira ao que respondeu a gardarredes visitante cunha gran parada.

 

Victoria para as rapazas da UD Ourense que ven como empatan a puntos co Sardoma B cun partido menos. O seguinte partido sera o domingo na Coruña ante o Torre.