Ficha Técnica
UD Ourense: Noe (Paula 87’), Celia (Silvia 85’), Maria, Pacy, Lo, Moni (Sofia 57’), Dana, Hele, Laura, Aida (Aldara 80’), Zaira (Nerea 68’)

Tordoia: Lucia, Ana Barcia (Begoña 71’), Ana Dominguez, Irene, Paula, Andrea (Laura Garcia 61’), Carla (Laura Mata 82’), Rebeca, Selenia, Leticia (Sara 82’), Miriam (Ana Fuentes 46’)

Goles: 1-0 Laura min 24, 2-0 Laura min 42, 3-0 Zaira min 48.

Árbitro: Carlos Quintas Lorenzo. Cartons amarelos a Selenia (35’), Irene (52’) e Ana Barcia (65’) nas visitantes

Incidencias: partido correspondente a 2ª xornada da Liga de 1ª División Feminina disputada no campo Miguel Ángel – Os Remedios.

A primeira metade foi un acoso e derribo pola banda local. So a falta de acerto nos metros finais e a actuacion da gardarredes visitante evitou un marcador mais ampro ao tempo de lecer. Ao pouco do comezo xa dispuxo Zaira dunha moi clara ocasión ao quedarse soa diante da porteira pero o seu remate foise fora. Dispuxo de outra moi semellante ao pouco que atapou Lucia e posteriormente Laura, Hele e Moni puideron estrear o marcador.

O 1-0 chegou despois dunha xogada local, que fixo que a porteira visitante tivera que despexar, chegando o balon a Laura que de primeiras marca por riba da porteira dende preto de medio campo. Tivoa de novo Zaira nun centro dende a banda dereita pero non chegou por moi pouco cando xa se cantaba o gol nas bancadas. Ao pouco foi Aida a que se adentrou no area, pero o seu remate chapouno a gardarredes.

Nunha falta da frontal estivo a piques de marcar Pacy de lanzamento directo que rematou no pao. Ao pouco foi Laura a que se plantou soa diante da porteira tras un pase de Pacy, pero o seu remate foise cruzado. Non perdoaria Laura pouco despois, ao remtar a rede un pase de Moni. Era o minuto 42.

 

Na segunda metade ao pouco de comenzar, penalti cometido sobre Hele, e Zaira, unha das máis novas do equipo marca o 3-0 que sería definitivo. Comezou a endurecerse o partido polo bando visitante, con numerosas faltas e entradas a destempo. Nun fea entrada por detras sen opcion de balon, chegou a lesion de Moni no minuto 53. Tivo que ser levaba en ambulancia.

Mentras era atendida, de novo dura entrada a Hele no nocello. Precisamente Hele foi o branco da maior parte das entradas das visitantes. O partido pasou a un segundo plano porque as locais deron un baixon ao intuir que a lesion de Moni era grave. Ainda asi as ocasión foron locais. A mais clara unha de Laura que atrapou a gardarredes visitante, moi segura toda a tarde. As visitantes so se achegaron a porta local nun saque dende o curruncho que despexou a defensa e unha falta dende a frontal nos derradeiros minutos que foi as maos de Noe.

Segunda victoria do ano no primeiro partido como locais nos Remedios, que presentaba moi bo ambiente. O vindeiro domingo toca visitar o dificil campo da Milagrosa en Lugo.

Producto disponible en Amazon.es