Empate das ourensanistas nun partido marcado pola calor abafante e polo xogo ofensivo de ambolos equipos. As locais saíron ao campo cunha camiseta de apoio a Moni.

 

Ficha Técnica
UD Ourense: Noe, Celia (Nerea 63’), Maria, Lo, Andrea (Aida 45’ Zaira 69’), Sofia, Dana, Jani, Laura, Hele, Cris.

UD Mos: Aida, Olaia, Loreto, Carmen, Sara (Miriam 69’), Paula (Angeles 40’), Yolanda ,Ana, Nerea, Lucia , Iris

Goles: 1-0 Jani min 30, 2-0 Cris min 51, 2-1 Ana min 60, 2-2 Ana min 75.

Árbitro: Ruben Perez Martinez. Cartons amarelos a Loreto (75’) nas visitantes e a Lo (5’) nas locais.

Incidencias: partido correspondente a 4ª xornada da Liga de 1ª Division Feminina disputada no campo Miguel Angel – Os Remedios

O partido comezou coas visitantes deixando claras as suas intencions, roubar o balon e xogar cara as suas xogadoras adiantadas. Unha perda local produciu unha perigosa contra que tivo que cortar Lo con falta. No lanzamento lonxano da mesma o balon rozou o longueiro. Non se atopaban comodas as locais e o xogo era moi impreciso.

Pasaron uns 20 minutos ata que comezaran a producirse chegadas con perigo polas areas. Avisaron Laura e Jani antes de que no minuto 30 chegara o 1-0. Pase de Hele ao segundo pao que remata a pracer Jani. A calor fixo mella nas xogadoras e o ritmo decaeu nos derradeiros minutos da primeira metade.

 

Na segunda metade meteron outro ritmo as locais e os primeiros 15 minutos foron de asedio a meta visitante. Seria sen embargo o equipo visitante o que pudo empatar nun balon longo que recibiu a dianteira visitante pero Noe evitou o tanto no man a man. O 2-0 chegou logo da mellor xogada das locais, rematada cun potente tiro de Cris dende a frontal. A partires de aquí o Mos veuse arriba. As locais perderon o control do medio campo lastradas polo estado fisico de Dana e a lesion sofrida por Aida ao pouco de entrar ao campo. Aproveitou o Mos un erro das locais en banda para realizar un centro rematado por Ana, ante a falta de contundencia da defensa local, facendo o 2-1.

O partido convertiuse nunha ruleta rusa que non favoreceu para nada as ourensanistas. Tivo Hele a sentenza do partido por duas veces, pero primeiro o pao e despois un tiro que se foi fora por moi pouco evitaron que se movera o marcador. Seria o Mos o que sacaria redito do descontrol facendo o 2-2 nunha contra por banda que rematou cun tiro dende dentro do area no minuto 75 cando as locais estaban con 10 pola lesion de Aida.

O partido abriuse ainda mais coas locais volcadas na busca do gol e as visitantes buscando contras coas que facerse coa victoria. As ocasions mais claras no tramo final foron das ourensanistas, sobre todo unha de Zaira que recibiu de Hele dentro do area e o seu disparo coa porteira batida petou nas costas dunha defensa. Esta xogada fixo que as locais encadearan 5 saques dende o curruncho moi perigosos.

Empate xusto. O peor as lesions, xa que Laura únese a enfermería ao ter un dedo do pe roto. O vindeiro domingo toca novo partido na casa ante un recén ascendido, o Orzan, voltando ao campo de Velle para xogar as 12 da maña.

Comentarios