Empate das ourensanistas nun partido disputado de poder a poder, diante dun rival chamado a loitar polo ascenso.
Viajes Interrías FF: Maria, Catarina, Ahinoa (Nerea 81’), Carla, Lidia, Carlota, Rebeca (Lucía 66’),Marta, Cristina, Raiane (Paula 79’) , Tania.
Goles: 1-0 Emma min 2, 1-1 Lidia min 42, 1-2 Tania min 63, 2-2 Pacy min 65.
Árbitro: Avelino García Vázquez. Carton amarelo a Jani (51’) nas locais.
Incidencias: partido correspondente a 7ª xornada da Liga de 1ª Division Feminina disputada no campo da Aira (Velle).
O partido comezou da mellor maneira posible para as locais. Erro nun despexe da gardarredes visitante, o balon cae a pes de Emma que so ten que empurrar o balon ao fondo da rede. Foron sen embargo as visitantes as que levaron o peso ofensivo na primeira metade cunha presion alta que dificultaba o xogo local.
Sen embargo as ocasión de gol non foron moi numerosas. A mais clara foi para as locais nun balon logo que deixou a Hele soa ante a porteria visitante pero o seu disparo foise fora. Ao pouco na saida dun saque dende o curruncho puido empatar o Portonovo, pero o remate tras un rexeite da defensa, foisemoi alto. O empate chegaria nun erro na saida de balon local a piques de chegar ao tempo de lecer.
Na segunda metade as locais deron un paso a fronte e igualouse a contenda. Houbo chegadas a ambas areas sen moito perigo ata que o partido rachou no minuto 63. Falta innecesaria das locais preto do area e golazo pola escadra do Portonovo. O tanto espoleou as locais que empatarian pouco despois nunha xogada na que a gardarredes visitante parou dous disparos a queimarroupa de Hele, ata que no terceiro marcou Pacy.
O partido tocou a arrebato e ambolos conxuntos lanzaronse a pola victoria. Houbo un par de ocasión claras por bando. A primeira para o Portonovo tras un centro lateral e remate de cabeza que saiu moi centrado as maos de Noe. A replica visitante chegou despois dunha boa xogada que rematou en pes de Laura pero o seu disparo atopou a resposta da gardarredes do Portonovo.
Empate xusto. O vindeiro domingo toca viaxar para xogar co Umia.
Fotos: Yedra Seara