[alert type=»danger»]

UD Ourense: Emma, Maria, Lola, Pacy, Lo, Moni, Hele, Aida (Zaira 86′), Andrea (Feijoo 64′), Cris, Laura.

Portonovo SD: Beli, Raiane, Cristina, Carla, Lidia, Laura, Rebeca, Eva, Nerea, Carlota, Marta (Ilenia 86′).

Goles: 1-0 Cris min 14, 1-1 Eva min 50, 2-1 Laura min 69.

Árbitro: Avelino Garcia. Cartons amarelos nas visitantes a Laura (88′ y 89′) e ao adestrador (36′).

Incidencias: partido correspondente a 29ª xornada da 1ª Division Feminina disputada no campo do Monte da Aira (Velle).

[/alert]  

 

 

As inclemencias meteoroloxicas marcaron a primeira metade. A auga, o vento e mesmo a saraiba condicionaron o desenrolo dos primeiros 45 minutos. O partido comezou cunha forte presion das locais, con ganas de resarcirse do partido da semana pasada ante oValladares. O Portonovo agardaba replegado e buscaba saidas en longo cara a dianteira.

No minuto 14 chegaba o 1-0, obra de Cris cun lanzamento dende a frontal do area ante o que nada puido facer a gardarredes do Portonovo. Tivo Laura o 2-0 pouco despois nun mao a mao coa gardarredes que non atopou porta despois de chocar entre as duas. Ata o tempo de lecer salientar un remate de cabeza de Laura e unha falta de Cris que atrapou en dous tempos a gardarredes visitante.

 

Na segunda metade cambiou a decoración. Deron un paso adiante as visitantes e xa no primeiro minuto fixeron intervir a Emma, de novo como no partido de ida improvisada gardarredes ante a lesion de Noe. O empate pronto chegou. Nun tiro dende a frontal que Emma non e quen de parar. Era o minuto 50.

As locais acusaron o tanto e pasaron por momentos de apuro. Tivo o Portonovo unha falta perigosa e un centro ao que non chegou a dianteira por moi pouco para desnivelar o marcador. Cando peor estaban as cousas, chegou o 2-1. Boa xogada de todo o equipo, Laura que recibe dentro do area e o seu disparo convertese no 2-1. As visitantes acusaron o tanto e perderon o control do xogo, coas locais tentando durmir o partido.

 

Reencontro coa victoria que fai que se acade a terceira plaza. O seguinte partido sera contra o Victoria B, o domingo, na Coruña.

 

Foto: Yedra Seara