Ficha Técnica
UD Ourense: Noe, Maria, Feijoo, Lo (Andrea 87’), Pacy, Sofia, Dana, Nerea (Celia 70’), Laura, Jani (Aida 54’), Emma (Zaira 82’).

Valladares: Judit, Laudith, Tamara, Gloria, Ana, Sara (Carla 90’), Andrea (Marta Carballo 82’), Barbara (Monica 77’), Dolores, Marta (Nerea 68’), Alexandra.

Goles: 0-1 Dolores min 1, 1-1 Jani 44, 1-2 Laudith min 93.

Árbitro: Javier Carid Perez. Carton amarelo nas locais a Laura (88’).

Incidencias: partido correspondente a 21ª xornada da Liga de 1ª Division Feminina disputada no campo Miguel Angel (Os Remedios).

Cruel. Ese pode ser a palabra que define o acontecido o domingo. Empezou o partido da peor maneira posible para as locais. Falta lanzada dende o medio campo polo Valladares o sol cega as defensas locais e o balón cae a pes dunha xogadora visitante que remata a reviravolta axustado ao pao.

Era o minuto 1 de partido. O tanto espoleou as locais. Ao pouco nun lanzamento directo de corner, Emma envia o balon ao pao. As ourensanistas comezaron a monopolizar o balon ante un rival que so recurriu a balons longos buscando as contras, sempre ben cortadas polas locais que non pasaron apuros neste primeiro periodo. As chegadas a area visitante eran continuas e perigosas cunha Emma moi incisiva que dispuxo dunha clara ocasión q se foi rozando o pao no ecuador deste periodo.

O perigo local viña polas bandas, que foron un incordio para as visitantes, totalmente desbordadas neste primeiro periodo. O tanto do empate chegaria ao borde do tempo de lecer tras un tiro de Nerea dende o borde do area que rexeitou a gardarredes e Jani moi atenta convertiu no 1-1.

 

A segunda metade comezou do mesmo xeito, coas locais presionando moi ben e chegando a campo contrario moi facil, ata que aos 9 minutos chegou a xogada desafortunada do encontro. Nun balón dividido Jani queda mancada e o partido parase a espera da chegada da ambulancia. Foi case unha hora de paron. As locais sofriron o duro golpe e o partido mudou.

O Valladares deu un paso ao fronte e o partido foi un toma e daca con chegadas as duas areas. Tivo o Valladares o 1-2 nun barullo dentro do area ao pouco de reanudarse que rematou cun disparo por riba do longueiro e as locais o 2-1 nun saque dende o curruncho que se foi fora por pouco. Pouco despois deixou o campo Nerea lesionada por un golpe. A ocasión mais clara para as locais foi para Dana que arrancou soa dende medio campo encarando a porteria pero chegou sen folgos ao area contraria.

Terían duas ocasions mais as locais en pes de Aida pero os seus disparos foron cortados pola defensa. O colmo dos infortunios chegou no minuto 85 co lesion de Lo, que escordou un nocello ao cortar un balón. O Valladares tivo nos derradeiros minutos de partido 4 saques dende o curruncho e no derradeiro marcou. Era o minuto 93.

O vindeiro domingo viaxe a Portonovo para medirse co Interrias.

Foto: Yedra Seara