Nota de prensa de la Federación Gallega de Balonmano

Esta fin de semana a UB Lavadores, conxunto de División de Honra Prata Feminina, conseguiu o pase para a fase de ascenso a División de Honra, despois de vencer ao BM Gijón con resultado 26-15.

Comezaba o partido cunha primeira parte moi igualada, onde ambos equipos alternaban mandando no marcador con marxes mínimos de dous goles. Finalmente as asturianas conseguían unha renda mínima ao descanso por 10-12.

Na segunda parte continuaba a mesma dinámica de partido, mais no minuto 13, tras dúas exclusións -unha para cada equipo-, o Lavadores viuse arriba e na recta final non lle deu opción as súas rivais.

Con esta vitoria as galegas conseguen unha das prazas do grupo A de DHPF para a fase de ascenso a máxima categoría do balonmán español.

O vindeiro sábado 6 de abril, como visitantes pero na súa cidade xóganse ser campioas de liga fronte ao C.BM. Seis do Nadal Coia. 19:00h